Un incendio próximo a casas en Porto do Son (A Coruña) eleva a tres os puntos en alerta en Galicia

Un incendio forestal próximo a casas en Porto do Son (A Coruña) eleva a catro os que están activos nestes momentos en Galicia e que superan as 20 hectáreas queimadas (dos que informa a Xunta). Ademais, sitúa en tres os lumes que están a xerar risco para as casas na comunidade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2016 | Actualizada ás 19:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un incendio forestal próximo a casas en Porto do Son (A Coruña) eleva a catro os que están activos nestes momentos en Galicia e que superan as 20 hectáreas queimadas (dos que informa a Xunta). Ademais, sitúa en tres os lumes que están a xerar risco para as casas na comunidade.

A Consellería de Medio Rural indicou, pasadas as 18,30 horas, que un incendio na parroquia de Baroña obrigou a declarar a denominada 'situación 2', como medida preventiva. En concreto, segundo apunta, as lapas están próximas ao núcleo do Castro.

Ademais deste lume, están activos outros de máis de 20 hectáreas en Santiago (tamén con perigos para vivendas e onde houbo que desaloxar vivendas) e Rois, xunto ao de Soutomaior, que leva arrasadas 200 hectáreas.

Controlados atópanse os incendios de Cotobade (365 hectáreas queimadas), Caldas de Reis (300), Mondariz (200), Cee (100) e Fisterra (máis de 20 hectáreas).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta