O alcalde de Arbo (Pontevedra) asegura que "preocupan un par de focos" na zona de Cequeliños e Mourentán

O alcalde do municipio pontevedrés de Arbo, Horacio Gil, destacou este xoves que "preocupan un par de focos" nas parroquias de Cequeliños e Mourentán debido a un dos tres primeiros grandes incendios que se rexistran este verán en Galicia.

PONTEVEDRA | 11/08/2016 | Actualizada ás 13:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde do municipio pontevedrés de Arbo, Horacio Gil, destacou este xoves que "preocupan un par de focos" nas parroquias de Cequeliños e Mourentán debido a un dos tres primeiros grandes incendios que se rexistran este verán en Galicia.

En declaracións a Europa Press, o rexedor de Arbo, que se encontra a pé de incendio para seguir os labores de extinción, precisou que "preocupan" focos no lugar de Sande, na parroquia de Mourentán, e en Cequeliños.

O incendio de Arbo permanece activo dende as 20,23 horas do mércores tras declararse na parroquia de Mourentán, segundo os datos da Consellería do Medio Rural, que sitúa a superficie afectada nunhas 500 hectáreas.

No lugar traballan, segundo a información de Medio Rural, un técnico, 12 brigadas, oito motobombas, unha pa e un helicóptero. Ademais, a Xunta activou a alerta denominada 'situación 2' por proximidade do lume a vivendas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta