A AGAI pide que se equipare o terrorismo de ETA co palestino

A Asociación Galega de Amistade con Israel ben de emitir un comunicado no que, logo de condenar o atentado de ETA que lle custou a vida a dous gardas civiles en Mallorca, pide aos medios de comunicación que equiparen estas accións coas dos terroristas palestinos porque todo terrorismo é merecedor da "nausea"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 09:13

Comparte esta noticia

.

A tolemia desatada por este feixe de fanáticos non ten politicamente ningunha explicación racional e só a psiquiatría podería atender as razóns que estos iluminados teñen para proseguir a súa carreira de sangue e morte cara a ningures.

.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, queremos amosar a nosa solidariedade moi especial coas familias dos asasinados e a nosa máis radical -de raíz- condena do atentado terrorista que hoxe segou dúas vidas e onte puido ter causado en Burgos unha masacre descomunal.

..

Pero desde AGAI queremos facer un chamado á reflexión.

.

Por qué desde os nosos medios de comunicación se desculpa ou se minimiza cando non directamente se xustifica, o terrorismo palestino cando as vítimas son israelís? Por qué esa dupla vara de medir?

.

Porque non é humanamente entendible nin decente, rexeitar e condenar con claridade o terrorismo perpetrado por ETA e non facer o mesmo cando é Hamás ou a Yihad islámica quen fai estoupar unha pizzería, un autobús ou un restaurante.

.

Todo o terrorismo é merecedor da nosa nausea. Tamén cando as vítimas son cidadáns israelís.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Serán as persoas que PAGAN as cuotas ao partido instrumental as que queremos ver sentadas nos Parlamentos! Serán as persoas que van a facer política para a xente e non as persoas que chupan do bote das Institucións as que teñen que levar a voz da nova política! Nin siquera rascan o bolsillo para pagar o excedente dos 3.000 €/mes que acordaron no seu día! Será que non lles chega para os gastos? Os demáis tirámonos pola ventana cando chega a comisión xudicial para proceder ao desafiuzamento!!! Menos parolar e máis TRABALLAR !!! https://i.gal/gamela03

1 Centroeuropeo

A única opción digna.