Xa hai días que se fala da fusión de Caixa Galicia, Caixa Madrid e Caixa do Mediterraneo, unha operación que as situaría como a primeira entidade de caixas de todo o Estado pero que, no caso galego, deixaría a case o 20% da súa plantilla na rúa...
Eu só agardo que a solución non sexa que, se as caixas galegas non se poden fusionar, e non queremos que sexan absorbidas polos foráneos, non vaiamos agora a absorber nós unha caixa foránea de Asturias, Castela, etc. Se nós imos saír fodidos tras unha fusión, non fodamos aos demáis. O que non queras para ti, non o queras para os demáis, ¿non é?
1Manoliño Captura
Hai un dito que nunca me cansarei de repetir e que, penso, vería moi ben neste caso: Cambiarás de muiñeiro, pero non de ladrón.
Eso si, que a lo menos o ladrón sexa da casa e que non veña de fóra.