Os nazis galegos presentanse en sociedade

Este sábado ten lugar no polígono de "A Grela" na Coruña o Festival Finisterrac, organizado por "M.R.A. Gallaecia"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/09/2009 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

None

Este grupo é coñecido na escena skinhead de extrema dereita por agresións a opoñentes políticos e inmigrantes, está moi vinculado a CEDADE e asegura na súa páxina web que o seu obxectivo é:

Redimir ao nosso povo, à nossa naçom, à nossa pátria do jugo do estado espanhol e da usura internacional, motor e combustível do liberal-capitalismo. Entendemos que o actual processo de globalizaçom e encaminhamento cara o estado único mundial é a culminaçom de um longo devir histórico que começa tam longe de nós no tempo como no Império Romano. Os actuais estados modernos, artificiais de forma induvitável, e que sem excepçom praticarom a homogeneizaçom entre as diferentes naçons que os conformam, som um passo mais do genocídio étnico que deve levar a consecuçom de "um mundo feliz" formado por seres grises e nom diferenciáveis, onde a diferência será delito. As inumeráveis evidências amostram-nos como o liberal-capitalismo conduz-nos ao pretendido "paraiso" na terra marxista. Portanto, estamos ante o mesmo veleno com distinto sabor. Ambos compartem o mesmo objetivo, o dito "paraiso terrenal", a mesma motivaçom e concepçom ideológica da história, a materialista e lineal (coincidindo por certo com o judaísmo e a sua seita cristà), e os mesmos meios, o terror indiscriminado contra as gentes e os povos.

Ademais dispón dunha páxina no youtube con numerosos videos nos que criticas os separatismos, denuncia a política migratoria e pide un estado galego que recupere os antigos territorios da Gallaecia.

O concerto deste sábado reunirá ao grupo galego OrigeNS Gallaecia e ao bretón Bretonische Waffenverband. Grupos de esquerda anunciaron que boicotearán este concerto e xa convocaron unha manifestación para a tarde do venres. Non descartan, ademais, acudir ao lugar do concerto para tentar "rebentalo"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

6 Clariño

O galego lusista ten razóns filolóxicas que para nada concordan coa orientación que lle da david. A min formóuseme en galego normalizado, e co que lembro del, que é pouco, tento escribir. Se os coengos da Catedral de Santiago escribían na idade media nun galego que de seguro david calificaría de "lusista", ¿tamén formaban parte dos "grupúsculos" da esquerda nacionalista? Un pouquiño de seriedade...

O galego pode tomar préstamos do español, pero carallo, cando os toma do portugués qué é unha língua mais próxima a el, da súa mesma familia, ou cando os "lusistas" empregan unha ortografía que lle encaixa mellor resulta que se rompe a unidade de España e non sei que parvadas mais.

Aquí os únicos nazis, deixando a un lado a estes monicreques que motivan o artigo, son os que queren aproximarse á idea do superhome, aqueles que defenden a superioridade dunhas línguas sobre outras, aqueles que defenden a superioridade en status dos castelán falantes e do español sobre os que falán galego. Para mais inri, se entrades nos foros de GB, a falta de mellores argumentos, non paran de insultar, de colocar etiquetas de nazi aos nacionalistas, como se eles no fondo non tivesen unhas ideas -como as que acabo de sinalar- próximas ao nacismo. Como se unha mentira repetida moitas veces acabara por convertirse en verdade ¿Quen sostía isto? ¡Pillabáns!

Por se alguén tivera algunha dúbida ou non me lera nun post anterior, aínda que penso que o nacionalismo nada ten que ver co nazismo, aclaro que o nacionalismo paréceme un perigoso equívoco. Porque se toda nación esixe un estado, unha soberanía propia, e o postulado fundamental do Estado é a independencia, está claro que a última consecuencia lóxica do nacionalismo é o nefando separatismo.

5 Ribeiriña

Non son só "nazis galegos". Son nazis nacionalistas galegos.

4 david

En fin, lo que tanto comentábamos hace unos días sobre el antisemitismo. Es lógico que escriban en gallego lusista. Recuerdan a otros tantos grupusculos de la izquierda nacionalista.

Gracias Bieto Lobeira y demás "cerebros" del BNG por lograr que el nacionalsocialismo resurja en Galicia

3 Colonel Guillelme Vázquez

Os sócios judeófobos dos Aymerich boys apresentam-se em sociedade.

2 anónimo

Norberto, yuuuhuuu, Norberto Uzaaal, ya están aquíii