Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/10/2009 | Actualizada ás 14:20
Tal e como fixo o propio presidente galego, son moitos os departamentos que optan pola marca Citroën para os seus veículos oficiais. O veículo en cuestión é un Citroën C5, Berlina, Premier, HDI 140 FAP,4 portas que a Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco pediu en cor oscuro (gris ou negro) e con pintura metalizada e tapicería textil negro para cubrir as necesidades operativas do seu persoal.
O contrato, asinado con Noyamóvil, S.L. inclúe os seguintes servizos:
1. Mantemento preventivo e reparacións
2. Kilometraxe mínimo cuberto por ano: 50.000 kilómetros.
3. Servicio de Cobertura total.
4. Asistencia en estrada 24 horas, Km.0.
5. Defensa Xurídica e xestión de multas.
6. Servizo de administración e xestión e de recollida e entrega.
7. Imposto municipal de matriculación e Circulación e impostos engadidos.
8. Servizos 24 horas atención ó cliente e conductor.
Sen embargo, este renting é moito máis elevado que o custo de mercado deste veículo, que ronda os 26.000 euros. Podes velo aquí. Con todo, dende a Xunta xustifican que o renting é un sistema moi empregado pola Administración pública que obriga á empresa concesionaria a facerse cargo de todo e evita gastos superfluos na administración.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.