A Xunta tira de renting

Este sábado a Xunta subasta 18 audis, pero hai departamentos que seguen alugando coches por un valor superior o seu custe no mercado...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/10/2009 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

None

Tal e como fixo o propio presidente galego, son moitos os departamentos que optan pola marca Citroën para os seus veículos oficiais. O veículo en cuestión é un Citroën C5, Berlina, Premier, HDI 140 FAP,4 portas que a Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco pediu en cor oscuro (gris ou negro) e con pintura metalizada e tapicería textil negro para cubrir as necesidades operativas do seu persoal.

O contrato, asinado con Noyamóvil, S.L. inclúe os seguintes servizos:

1. Mantemento preventivo e reparacións

2. Kilometraxe mínimo cuberto por ano: 50.000 kilómetros.

3. Servicio de Cobertura total.

4. Asistencia en estrada 24 horas, Km.0.

5. Defensa Xurídica e xestión de multas.

6. Servizo de administración e xestión e de recollida e entrega.

7. Imposto municipal de matriculación e Circulación e impostos engadidos.

8. Servizos 24 horas atención ó cliente e conductor.

Sen embargo, este renting é moito máis elevado que o custo de mercado deste veículo, que ronda os 26.000 euros. Podes velo aquí. Con todo, dende a Xunta xustifican que o renting é un sistema moi empregado pola Administración pública que obriga á empresa concesionaria a facerse cargo de todo e evita gastos superfluos na administración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 anonimus

Que recordos... 300.000 euros por aquel ventanal no despacho de little bull

7 anónimo

28.000 eurazos por tres audis, que aforro!!!!

6 Xandokas

Estes coches non serán para @s amantes de algúen????

5 Desvelando as mentiras de Feijoo » Despilfarro e esperpento: Feijoo non consegue vender os Audis de Fraga

[...] Pois ben: os 3 Audis vendidos hoxe repórtaronlle á Xunta uns ingresos de 28.960 euros. Con iso, non dá nin para pagar o renting anual dun único vehículo recentemente contratado pola Xunta. E, desde logo, aínda terán que explicarnos en que consiste o aforro de vender Audis por prezos irrisorios para comprar Citroëns de primeira man moito máis caros: que sacrificio fan os pobres altos cargos de Feijoo, viaxando en berlinas de luxo noviñas cando poderían ir nun Audi "de gama alta" (como sempre insisten en lembrar) con 200.000 ou 300.000 kilómetros rodados! [...]

4 anonimus

E preferible un renting que o gasto innecesario cada X tempo en compra de coches

1 estou fartoooooo

... e preferibel pra os concesionarios que se embolsan os millós de euros destes ladrós, os demais imos no bus, coma todo dios.