A Xunta tira de renting

Este sábado a Xunta subasta 18 audis, pero hai departamentos que seguen alugando coches por un valor superior o seu custe no mercado...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 15/10/2009 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

None

Tal e como fixo o propio presidente galego, son moitos os departamentos que optan pola marca Citroën para os seus veículos oficiais. O veículo en cuestión é un Citroën C5, Berlina, Premier, HDI 140 FAP,4 portas que a Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco pediu en cor oscuro (gris ou negro) e con pintura metalizada e tapicería textil negro para cubrir as necesidades operativas do seu persoal.

O contrato, asinado con Noyamóvil, S.L. inclúe os seguintes servizos:

1. Mantemento preventivo e reparacións

2. Kilometraxe mínimo cuberto por ano: 50.000 kilómetros.

3. Servicio de Cobertura total.

4. Asistencia en estrada 24 horas, Km.0.

5. Defensa Xurídica e xestión de multas.

6. Servizo de administración e xestión e de recollida e entrega.

7. Imposto municipal de matriculación e Circulación e impostos engadidos.

8. Servizos 24 horas atención ó cliente e conductor.

Sen embargo, este renting é moito máis elevado que o custo de mercado deste veículo, que ronda os 26.000 euros. Podes velo aquí. Con todo, dende a Xunta xustifican que o renting é un sistema moi empregado pola Administración pública que obriga á empresa concesionaria a facerse cargo de todo e evita gastos superfluos na administración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 montoya

eso de "mucho más elevado"...

2 anónimo

Despilfarro?
Derroche?

1 andres

Logo falaban de Touriño, pero agora como están na xunta e xa non hai eleccións, pois...