A CORUÑA | 27/10/2016 | Actualizada ás 19:37 por EUROPA PRESS
O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña exporá dende este xoves e ata o 5 de marzo a exposición 'Traballo Absoluto' do escultor vasco Juan Luis Moraza.
Comisariada por Antón Castro, a mostra reúne unha ampla selección de obras, tanto de series anteriores coma de nova creación, realizadas especificamente para esta exposición.
Segundo os organizadores, a exposición critica "a implantación na sociedade actual do concepto de Traballo Absoluto, aplicado indistintamente a calquera aspecto da nosa existencia, convertendo a laboriosidade natural nunha capitalización instrumental e acelerada da experiencia".
Como contraposición, o artista revindica "a laboriosidade, a nobreza do esforzo, a dedicación, o gozo, o coidado ou o amor polo traballo ben feito como os valores que sosteñen a vida do individuo e que dan sentido ao concepto de traballar, por enriba de aspectos puramente económicos ou produtivos".
A exposición organízase en sete seccións, que explican este concepto transversal a través de diferentes escenarios da sociedade actual: 'Tug of Work', 'Erosis', 'Calendario de festas laborais', 'República', 'Software', 'Anormatividad' e 'A festa como oficio'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.