A Xunta destinará parte do crecemento dos orzamentos do 2017 a pagarlle aos funcionarios

As contas públicas do vindeiro ano crecerán un 2,9% respecto ao 2016 e superarán os 9.000 millóns de euros. Haberá 259 millóns máis para gastar e este ano.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/11/2016 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Goberno da Xunta presentou xa o seu teito de gasto das contas públicas para o 2017. Haberá un incremento dun 2,9% con respecto ao 2016. En total, 9.063 millóns de euros, 259 máis que este ano. E boa parte deses cartos servirán para pagar as pagas extras suprimidas dos funcionarios públicos.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, con Feijóo, nun Consello da Xunta
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, con Feijóo, nun Consello da Xunta | Fonte: Xunta

Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Ese diñeiro de máis servirá para repoñer totalmente o salario dos funcionarios”, suliñou ao precisar que a partir do 1 de xaneiro de 2017 os funcionarios recuperarán o seu nivel salarial.

Foi o principal anuncio dunhas contas que xa foran debulladas, en parte, en setembro pasado, aínda que houbo retoques con respecto a hai dous meses. Así, a previsión de crecemento para o vindeiro ano será dun 2,4%, unha décima máis que en setembro. A Xunta tamén estima que o paro baixará dous puntos con respecto a 2016, para situarse no 15,6%. 

A maior parte do orzamento galego virá dos ingresos non financieiros. En total, 8.748 millóns de euros. O resto, 298 serán polo cumprimento do obxectivo de déficit e os 17 millóns restantes de axustes na contabilidade española. 

“Luces tortuosas”

“Galicia non se deixou cegar por luces tortuosas e agora vemos unha luz máis potente”, dixo o presidente galgo que destacou que estas contas destacan pola “estabilidade e a prudencia”. “Somos un goberno previsible e estable porque o noso obxectivo é o benestar dos galegos e só se consigue isto facendo o que prometemos”, engadiu.

Por iso, Feijóo presumiu dunhas contas que “cumpren o déficit público” e que son mellor que a media das autonomías do Estado. Ademais, superan os 9.000 millóns de anos, logo de varios anos de retrocesos. 

Exames do funcionariado

Por outra banda, o presidente da Xunta dixo descoñecer a paralización e o atraso de moitos das oposicións aos corpos oficiais da Xunta, tal e como este mércores denunciou CIG-Administración. "Non estou ao tanto de existencia de paralización destes procesos e se hai algún atasco pode ser pola execución material dos mesmos", limitouse a responder ao ser preguntado por GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

3 BIBLIA SATANICA

Muita xente dos mareados de PODREIROS vai xa cambiando de lugar, total si Waldo consintiu en meter as dereitas, pois eles non van ser menos e mais si aumenta o estipendio dos coprófagos do expañol, muito pepeiro corruPPteiro esta metido polo dedazo nin estudiaron nin traballaron e agora nin a rascan, algún vailles dar a xubilación na cafetería...

2 Gamela

O mantra de ter que pagar as pagas extras suprimidas aos funcionarios públicos, semella xa terse convertido no anuncio máis longo destas dúas lexislaturas...? Quitar os cartos, quitáronos de golpe, pero DEVOLVELOS estalles custando unha ETERNIDADE! // Eu xa comezo a sospeitar que detrás desta estratexia ocúltase unha mensaxe subliminal : vexan que os funcionarios o comen todo! Vexan que temos moitos funcionarios e cústannos unha barbaridade... A ver se a xente cabreada con tanto anuncio acaba solicitando un RECORTE BRUTAL de oposicións e de complementos salariais que poderían ir a centos de PRIVATIZACIÓNS que aínda se gardan nos queixóns de Monte Pío... (?) Hai moitos niveis na Función Pública dende 800 € ata 4.000 €uros ? NON TODO O QUE CAE NA REDE É PEIXE !!!

1 Sesese

Ese diñeiro de máis servirá para repoñer totalmente o salario dos funcionarios”, e os demais que vaian buscando. Cada vez estou mais convencido de que a política e o funcionariado retroalimentanse

1 Galahaz

Xa sabe: estude, preséntese e aprobe unha oposición. É sinxelo.

2 Sesese

No seu momento , cando empezaba esto da xunta , puden conseguir praza e non quixen porque había outras alternativas , e o sueldos eran de "funcionario". Quen o supera

3 Alberte

Pois entón cala.

4 Sesese

Moita revolución e moita lería , pero aquí cada quen anda ao seu. E calarei cando me pete.

5 Bufffff

Non cales oh. O lobby funcionarial non che di como entran, que oposicións sen sospeita de dedo as de secundaria e moi pouquiñas mais. Vamos, que non todo é estudiar, que non so na universidade entran os mellor relacionados.

6 nostrus

Yo creo que los funcionarios debe haber los menos posibles y deberian estar de modo que las plazas las disfrutaran el mayor numero posible de personas de modo alternativo, es decir, en vez de un funcionario estar cuarenta años como un intocable (casta diria Iglesias), podrian estar ocho funcionarios cinco años cada uno. De este modo evitariamos que una serie de personas se vaya convirtiendo en residuales y marginados con el paso del tiempo a costa de que unos cuantos se vacunen contra las adversidades de por vida. No quiero con esto decir que un funcionario no merezca su puesto, ya que de hecho se lo gano al pasar por una oposicion.

7 Hipólito

Galahaz: seguindo a túa argumentación tampouco deberiamos criticar aos políticos, non?. No seu lugar deberiamos presentarnos ás eleccións ou estar ben calados. Gústache iso?. A min non.

8 Galahaz

Que cada un critique o que queira, faltaría máis. Agora ben, ese "odio" que se detecta a miúdo contra os funcionarios non o entendo. Eu non son funcionario, pero teño (como supoño que todos vós) amigos e familiares que si o son e a ningún deles lles regalaron nada, sacaron a praza porque traballaron duro e o conseguiron. Que teñen unhas condicións laborais boas en comparación coas condicións de m3rda da maioría de traballadores? Pois si, pero en todo caso as oposicións están aí para quen se queira presentar. Eu penso que o que hai é moita envexa, e moitos en vez de esixir unha mellora das súas condicións laborais prefiren criticar e cargar contra as dos funcionarios. Seguro que os que hai dez anos cobraban de 2.000 euros para riba sen ningunha formación en calquera traballo relacionado coa construción non envexaban daquela os 1.000 euros que gañaba un administrativo da Administración.