VIGO | 24/11/2016 | Actualizada ás 20:18 por EUROPA PRESS
A viguesa de 44 anos Charlotte Goiar reafirmou, a unha semana do inicio da súa folga de fame, a súa intención de arrancar con esta mobilización o próximo xoves ante a falta de noticias por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas) sobre a data na que lle realizará a cirurxía pendente para rematar a súa reasignación de sexo e repararlle unha fístula.
Tal e como trasladou a Europa Press, o pasado 5 de novembro recibiu consulta médica na Clínica de Barcelona, onde "teñen todo preparado" para fixar unha data e proceder coa intervención". Non obstante, asegurou que dende entón o Sergas "mantén bloqueado" o proceso e "non o xestiona como ordena a sentenza".
Por iso, a falta xusto dunha semana, confirmou que se antes do día 1 de decembro o Sergas non lle dá unha data "definitiva e inmediata" para levar a cabo a última cirurxía que ten pendente, iniciará a folga de fame 'sine die'.
En relación co caso de Charlotte Goiar, a Área de Igualdade e Feminismos e o Círculo Feminismos Podemos Galicia manifestou o seu "total apoio" á viguesa, que "loita pola súa identidade, a súa felicidade e a súa vida".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.