Clubs de moteiros e delincuencia en Galicia

Hai bandas de moteiros neonazis en Galicia, como dixo a prensa asturiana? Cal é a relación entre a detención de nove “anxos do inferno” esta semana e a detención de cinco “bandidos” de Ourense en 2012? Unha reportaxe sobre un dos colectivos no punto de mira das forzas da orde.

Por M.V. | Ourense | 28/11/2016 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Unha operación policial, bautizada con retranca como Triciclo, volve a poñer de actualidade a suposta relación entre delincuencia organizada con clubes de moteros en Galicia. A detención de dous “anxos do inferno” no país a pasada semana non é o primeiro encontro deste colectivo coa lei. De feito, algúns dos detidos na Operación Triciclo son asiduos das páxinas de sucesos.

Exterior do local social dos Hells Angels Northside en Noreña, Asturias
Exterior do local social dos Hells Angels Northside en Noreña, Asturias | Fonte: Diario de un Metalhead

En 2012, a Policía detivo a cinco moteiros en Ourense por darlle unha malleira a outro moteiro en Oviedo. Eran, segundo La Nueva España, “una banda de moteros gallegos neonazis”.  A Policía informou que eran membros de Outlaws MC (Motor Club), os bandidos, un dos colectivos máis antigos entre os moteiros con presencia en case todo o mundo, e que bateran nun “anxo de inferno” como parte dunha liorta entre bandas polo control da “zona norte”.  

No xuízo, en 2015, cinco ‘outlaws’ recoñeceron a malleira, pediron perdón e aceptaron unha condena de dous anos (a petición inicial era ano e medio). Os motivos da liorta? Nada de problemas entre bandas, senón problemas de tipo persoal, dixeron. Nos xulgados de Oviedo, estiveron arroupados por outros membros do seu club, que daquela a prensa identificaba como Comancheros. 

O certo é que eses sucesos e os da pasada semana están vinculados por un nome: o tatuador romanés afincado en Asturias Claudiu B.F. El foi a vítima da agresión de 2012 e el é un dos “anxo do inferno” detidos agora na Operación Triciclo.  

Unha das versións do sucedido en 2012 que circula entre os moteiros relata que os ourensanos desprazáranse até Oviedo para saldar contas co tatuador porque este tivera perseguira previamente a un Outlaw asturiano. Algo que ten sentido, pois no mundo biker os dous colectivos, Os Anxos do Inferno, e os Outlaws-Bandidos din ser inimigos acérrimos.

Motos dos anxos do inferno, capítulo Northside, nunha imaxe da súa web
Motos dos anxos do inferno, capítulo Northside, nunha imaxe da súa web

Estamos pois só ante fans das motos que compiten entre eles por seren o referente desta subcultura? O incautado durante as detencións desta semana apunta a que en determinados clubs de moteiros hai algo máis. 

Ademais de 24 quilos de marihuana e hachis, a Policia atopou nos rexistros realizados unha arma de fogo, varias armas blancas prohibidas e un taser. Foron 9 os “anxos do inferno” detidos, seis deles en Oviedo, un en Getxo, outro na Coruña e outro en Lugo. Estes dous últimos son galegos residentes na Coruña, M.A. S. A,. de 46 anos de idade e  F.J.C.V., de 39 anos. O Ministerio do Interior sospeita que tiñan montado unha rede de locais para o cultivo de marihuana, que despois distribúen por diversas zonas da Península. Os delitos que se lles imputan son graves:  organización criminal, tráfico de drogas, extorsións, coaccións, lesións, tenza ilícita de armas e furto.  Tres dos nove detidos seguen en prisión.

A Guardia Civil especifica que os detidos a pasada semana formaban parte do Hell Angels MC Northside. É dicir, do capítulo Northside da máis famosa das franquicias de clubs de moteiros.  Malia estar dirixido en teoría por criminais, Hell Angels MC Northside mantén unha presencia nas redes similar a de calquera outro grupo de aficionados. No seu facebook venden gran cantidade de merchadising, invitan a cronistas musicales aos seus concertos, a prensa local faise eco do seu traballo para o Banco de Alimentos e na súa web unha foto do seu aniversario. Iso si, non hai fotos dos socios nin, curiosamente, non informan das actividades do club. 

A web oficial dos Anxos do Inferno asegura que este capítulo existe como tal dende 2010. A Guardia Civil indica que manteñen fortes vínculos con outros clubs do Estado e do estranxeiro.

En 2014, o Servicio de Información da Guardia Civil elaborou un informe que cualifica de “moi perigosas” a cinco banda moteiras, entre os que citaba tanto a Anxos do Inferno como a Outlaws. Con todo isto, vincular a todos os clubs de moteiros coa delincuencia é unha xeneralización absurda, pois en España existen centos de clubs de moteiros que nunca tiveron, nin seguramente terán, problemas coa lei. 

Dito iso, na cultura que envolve a estes grupos existen elementos que poder servir de imán a criminais que os queiran usar como ferramenta e cobertura. Sobre todo, unha organización e unha disciplina cuasi militar que esixe gran lealdade ao grupo e un total secretismo sobre as súas actividades. Características que serviron para atraer a mozos de colectivos de ultradereita en países como Alemaña. Nos últimos anos, moitas desas franquicias están competindo por gañarse un oco nos países do sur. 

Este documental de Vicenews mostra por exemplo, como é un deses clubs en Alemaña:

E estoutro aborda as relacións dos moteiros astrualianos coa delincuencia:

Pistola incautada durante a Operación Triciclo
Pistola incautada durante a Operación Triciclo | Fonte: Guardia Civil
Dous Anxos do Inferno detidos
Dous Anxos do Inferno detidos | Fonte: Guardia Civil
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galizian free peopel

deberían ver tamen a serie - http://diskokosmiko.mx/Cuspide/sons...