SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2016 | Actualizada ás 18:24 por EUROPA PRESS
O Goberno galego acordou nomear a Juan Cividanes Roger, ata agora á fronte de Xesgalicia, como novo director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); mentres que Ana Isabel Vázquez Reboredo será proposta, á espera do visto bo do Padroado, para converterse na nova xerente da Cidade da Cultura.
Anunciouno o presidente galego, quen agradeceu os servizos prestados por Javier Aguilera, á fronte do Igape dende 2011. Tamén destacou a traxectoria profesional do vigués Juan Cividanes.
Licenciado en Ciencias Empresariais e en Ciencias Económicas, Cividanes é tamén MBA polo IESE Business School da Universidade de Navarra. Foi nomeado en 2011 director de Xesgalicia e conta con experiencia tamén no ámbito da empresa privada, en compañías como Mercagol, Conservas Antonio Alonso, Carrefour, Decathlon ou KPMG.
Así mesmo, Feijóo informou de que, á espera de que o Padroado ratifique a proposta, Ana Isabel Vázquez Reboredo asumirá a xestión do complexo cultural do Gaiás.
Licenciada en Filoloxía Inglesa, foi concelleira e deputada provincial do PP en Pontevedra. O presidente galego destacou tamén que foi "máxima responsable da xestión" do Museo Provincial de Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.