Francisco Castro toma o leme de Editorial Galaxia

O escritor, até hoxe responsábel das ediccións para nenos e mozos, substitúe a Víctor Freixanes, que segue ligado á empresa.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/12/2016 | Actualizada ás 23:08

Comparte esta noticia

Galaxia, unha das maiores editoriais do país, informa que o seu Consello de Administración dacordou nomear por unanimidade a Francisco Castro Veloso  como novo director xeral da editora. Sucede neste posto a Víctor Fernández Freixanes. O profesor da USC continuará na empresa como conselleiro, codirector da revista GRIAL e presidente da Fundación Otero Pedrayo.

Traxectoria de Francisco Castro

Francisco Castro Veloso (Vigo 1966), licenciado en Filosofía e escritor, accedeu a Editorial Galaxia no ano 2008 como editor, responsable das estratexias de comunicación e creación de novos proxectos. Nunha primeira etapa desenvolveu a súa actividade na empresa Merlín Comunicación, encargada de exposicións e actividades culturais dentro do grupo Galaxia, para centrarse posteriormente na edición para os lectores máis novos (Árbore, Costa Oeste principalmente, así como en desenvolvementos relacionados coa web e as redes sociais).

Francisco Castro é autor dunha ampla obra traducida a distintos idiomas e moi premiada. Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Lueiro Rey (1997), o Premio Modesto Figueiredo de narracións breves (2005), o Premio Blanco Amor (2006), o Premio Manuel García Barros (2007), o Premio Frai Martín Sarmiento en cinco ocasións, o Premio de novela por entregas da Voz de Galicia en 2013, e foi nomeado na lista de Honra do IBBY en 2012 pola súa obra Chamádeme Simbad.

Francisco Castro
Francisco Castro

Traxectora de Víctor Freixanes

Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) accedeu á dirección xeral de Galaxia hai quince anos, en 2002, cando o falecemento de Carlos Casares, anterior director xeral. Profesor Titular de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, novelista, académico de número na Real Academia Galega, foi anteriormente director xeral de Edicións Xerais de Galicia (1987), conselleiro delegado da mesma empresa ata 1998, director xeral de Edicións do Grupo Anaya e director xeral de Alianza Editorial.

Victor Freixanes
Victor Freixanes | Fonte: radiofusion
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Hermeriço

E Freixanes morrerá sendo Freixanes ou chegará a ser Freixans? Há pouco morreu um galleguista desses muy gallegos que se chamava Del Riego (do Rego)

1 pazo coma unha

Si ho, e os Eanes han morrer sen saber que son Eans? Por favor se non tes idea non botes a lingua a pacer.

1 ElJueves

¿Pero que coj ones es eso de toma el leme? ¿Quién car allo habla así? Tranquilos, tranquilos, que nosotros lo vamos a arreglar...¡ A hos tias!