A UVigo e Deloitte crean unha cátedra sobre ciberseguridade para formar o alumnado e concienciar a sociedade

A Universidade de Vigo (UVigo) e a empresa de consultoría e auditoría Deloitte asinaron un convenio para crear a Cátedra Deloitte de Ciberseguridade, que arrancará a inicios de 2017 para promover o desenvolvemento de competencias profesionais, capacitación e coñecementos do alumnado universitario e outros profesionais no ámbito da ciberseguridade.

Por E.P. | VIGO | 21/12/2016 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A Universidade de Vigo (UVigo) e a empresa de consultoría e auditoría Deloitte asinaron un convenio para crear a Cátedra Deloitte de Ciberseguridade, que arrancará a inicios de 2017 para promover o desenvolvemento de competencias profesionais, capacitación e coñecementos do alumnado universitario e outros profesionais no ámbito da ciberseguridade.

O reitor, Salustiano Mato, remarcou que a ciberseguridade é "unha cuestión que está a marcar e, sobre todo, marcará o futuro"; un contexto no que no que esta cátedra permitirá que o alumnado aumente o seu contacto directo coa empresa e reciba formación orientada ás súas necesidades reais.

Pola súa banda, o socio de riscos de Deloitte, Rubén Frieiro, puxo en relevo o interese da empresa en "ir incrementando a concienciación social sobre un tema que a día de hoxe é unha preocupación non só de gobernos e empresas, senón tamén de familias, dada a importancia de protexer a novos e nenos tamén no ámbito virtual".

O director da Escola de Enxeñaría de telecomunicación, Íñigo Cuíñas, que asumirá a dirección da cátedra, remarcou tamén a importancia de "transmitir á sociedade" a importancia de protexerse "fronte a posibles ciberataques ou problemas que veñen dun uso non desexado ou fraudulento das tecnoloxías".

Neste marco, a partir de 2017 desenvolveranse cursos, conferencias, seminarios e foros abertos en Vigo e Ourense; prevese a edición de folletos e vídeos breves sobre os principais ciberdelitos; e considérase a posibilidade de crear un libro sobre este tema. Ademais, para premiar o alumnado máis competente barállase a creación, dentro da cátedra, de bolsas de excelencia académica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta