SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2017 | Actualizada ás 13:23 por EUROPA PRESS
O voceiro do PSdeG no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, mostrou a súa confianza en que o ano 2017 sexa "o ano da normalización" no PSOE tanto no ámbito estatal coma no autonómico.
Nunha rolda de prensa celebrada este luns en Santiago de Compostela, Leiceaga trasladou que o "labor" dos socialistas para o recén iniciado ano debe centrarse en "xerar liderados sólidos".
Así, o socialista apuntou que, nun momento no que o PSOE está dirixido por xuntas xestoras tanto no ámbito galego como no estatatal, o ano 2017 debe servir para "normalizar" a situación do partido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.