SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2017 | Actualizada ás 08:07 por EUROPA PRESS
O mestre e escritor César Bona ofrecerá este xoves, 9 de febreiro, en Santiago de Compostela unha conferencia no marco do ciclo 'Educación e aprendizaxe no século XXI' de Afundación.
En concreto, segundo informou Afundación, César Bona impartirá a charla 'As escolas que cambian o mundo' a partir das 20,00 horas no Auditorio Abanca da capital galega.
César Bona está considerado un dos principais referentes na defensa dun cambio de modelo no sistema educativo, segundo destaca a organización da conferencia.
No ano 2015 o seu nome incluíase na lista do cincuenta docentes nomeados aos Global Teacher Prize, que recoñecen ao mellor profesional da docencia no ámbito mundial, o cal o acabou convertendo no mellor profesor de España.
A súa vinculación coa docencia chegou no momento de realizar as prácticas en centros escolares da súa carreira, Filoloxía Inglesa. Nelas, segundo indica Afundación, "descubriu a importancia de escoitar, entender e estimular a creatividade das nenas e nenos".
Precisamente o seu relatorio versará sobre 'As escolas que cambian o mundo', cuxo título comparte tamén a súa publicación máis recente (2016). A anterior, 'A nova educación', publicouse en 2015.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.