A Xunta volve contratar a Plexus, a empresa da web do Xacobeo

Plexus S.L. volve ser unha das empresas agraciadas cunha adxudicación directa por parte da Xunta. A CIG denunciou esta semana que 60 dos seus traballadores estaban contratados de xeito irregular polo Goberno Galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/02/2010 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Desta vez é o Igape quen acaba de contratar a mesma empresa que gañou o concurso da páxina web do Xacobeo por 200.000 euros.Plexus S.L tamén foi denunciada pola CIG, esta semana, por un contrato irregular de 60 persoas que traballan na Consellería de Traballo. 

None

A pesar de que a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, insistiu en que esta empresa foi contratada no seu día pola Vicepresidencia de Anxo Quintana para informatizar as axudas aos dependentes, o certo é que desde a chegada do novo goberno xa se beneficiou de novos contratos coa Administración galega.

Desta volta, é o Igape quen contrata os servicios de Plexus S.L. por 47.000 euros para a adquisición de 63 novos ordenadores de mesa HP Compaq 8000 Elite USDT. Con todo, nos pregos de condicións, o Igape pedía, inicialmente, 45 ordenadores HP dc7900 (Ultra Slim DeskTop – USDT).

A historia de Plexus

Plexus S.L. está no punto de mira dos grupos da oposición que xa denunciaron que a páxina Web do Xacobeo foi actualizada pouco antes de resolverse o concurso que, finalmente, levou a empresa que se encargara desa actualización. Como apoderado desta empresa figura, Antonio Agasar Cascallar, ex-asesor da CRTVG na era Fraga e persoa próxima ao círculo do ex-conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela, segundo o Rexistro Mercantil.

Ademais, varias das súas firmas están relacionadas con contratos presuntamente irregulares de administracións do PP como denuncia A Nosa Terra. Este empresario tivo cargos de asesor da Xunta do PP no deseño da Cidade da Cultura e na CRTVG. Este consultor tamén é administrador único de Brétema Consulting, compañía contratada asiduamente por administracións controladas polo PP galego, como o Porto da Coruña.

O nome de Plexus S.L. tamén está relacionado con irregularidades denunciadas na Comisión de Investigación no Parlamento sobre a Cidade de Galicia así como no informe do Consello de Contas sobre a promoción da Volvo Ocean Race en 2005. Ademais de Antonio Agrasar Cascallar, asesor da Xunta e da TVG en tempos de Fraga, tamén foi directivo de Plexus Xosé María Sánchez González, ex secretario xeral de Cultura con Pérez Varela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

8 Pelouro

No hubo tanto chanchullo en la Xunta, como cuando estaban gobernando el PSOE-BNG. Eso es una realidad el resto son adornos y gilipolleces. Hay gente de algunos partidos, que no están preparados para gobernar, porque es como meter a un tío con hambre a vigilar un supermercado.

7 A Pelouro

Que acusaciones de Santi? El HECHO de empresa adjudicataria de la web del Xacobeo o bien ya la había hecho antes de adjudicarse o bien se pasó más de 2 meses en el plazo de entrega (los documentos son públicos) o el HECHO de que alguna gente de su personal se 'desplace' de modo permanente en alguna consellería? Después, cuando vengan las 'vacas flacas' y recojan el chiringo, puede que pase como en otras ocasiones/empresas de este tipo, p. ej. en la TVG: los contribuyentes tendremos que pagarles el puesto a todos y algún ex-jefe se paseará en en BMW que, también, nos sacó a todos.

6 Pelouro

Respecto a la noticia: Contrata os servicios de Plexus S.L. por 47.000 euros para a adquisición de 63 novos ordenadores de mesa HP Compaq 8000 Elite USDT. Con todo, nos pregos de condicións, o Igape pedía, inicialmente, 45 ordenadores HP dc7900 (Ultra Slim DeskTop – USDT). Esta noticia es demagogia, y si lo quereis comprobar leeros los pliegos del concurso. Con respecto al resto de los comentarios, no digo nada, pues es lo de siempre, ruido, ruido y ruido.

5 Torpedeando

Si austeridá era lo del bipartito. Eso si era austeridad. Me parto yo con estos que ahora hablan de austeridad. O sea que las chanchulladas del Quintana en Vicepresidencia eran austeridad y sus contratos ya no os cuento. Que no, que id con la monserga otro sitio. Los contratos con plexus son tan legales o más que los que firmó el bipartito os guste o no.

4 AUSTERIDÁ

http://www.anosaterra.org/nova/4110... Este empresario tivo cargos de asesor da Xunta do PP no deseño da Cidade da Cultura e na CRTVG...tamén é administrador único de Brétema Consulting, compañía contratada asiduamente por administracións controladas polo PP galego, como o Porto da Coruña... O nome Plexus S.L. xa saltara á prensa en 2007 na Comisión de Investigación no Parlamento sobre a Cidade da Cultura. Daquela o BNG esgrimira un informe do Consello de Contas que detallaba varias irregularidades nas concesións da polémica obra da Xunta, dirixida polo conselleiro Xesús Pérez Varela, a esta empresa. Outro informe do Consello de Contas atopara irregularidades na adxudicación da Consellaría de Cultura de Pérez Varela a Brétema Consulting para a promoción da Volvo Ocean Race en 2005, segundo recolleu no seu momento La Opinión da Coruña.