“Sen Galicia Bilingüe, a Xunta de Feijóo estaría a monte”

Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe (GB), quen fora coprotagonista do debate na era do bipartito, suscita hoxe menos titulares e tamén hai menos políticos facéndolle as beiras. Nesta entrevista con GC, con todo, defende os resultados da súa labor de “lobby”. A profesora e activista lanza críticas a varias institucións de promoción da lingua: a Real Academia, a Mesa pola Normalización, a propia Xunta... Defende, iso si, que a TVG sexa en galego, pero reclámalle máis flexibilidade. Na súa opinión, “o normal é que un medio publique na lingua, ou linguas, que prefiran os lectores”. As especulacións sobre o seu salto á política é outro dos puntos desta conversa.

Por Manuel Vilas | Vigo | 07/04/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O editor e profesor Víctor Freixanes acaba de ser elixido presidente da Real Academia Galega (RAG). Que valoración suscita a súa figura?

Máis que valoralo preferiría facerlle algunha petición, como por exemplo, que a normativización non afaste tanto a lingua dos usos da xente que a conserva, dos que a transmiten.

Tamén que se coidasen máis os contidos do currículo de Lingua e Literatura Galega nos institutos. Non pode estár nun lugar de honra calqueira que publique algo. É normal que nunha comunidade pequena como a nosa non haxa máis grandes literatos, e bastantes temos de altura. Ao meu entender, habería que adicarlle máis tempo á lingua ou a lectura dos grandes. Os rapaces decátanse que están a estudar autores menores, e iso fai que se perdan rigor e credibilidade.

E para rematar, gustaríame suxerirlle ao novo presidente, que a RAG non adicase fondos a tentar quitarlles dereitos lingüísticos aos estudantes hispanofalantes no colexio para que só os nenos galegofalantes poidan estudar na súa lingua pero, polo visto, así é como interpretan os presidentes da RAG a defensa dos dereitos do idioma galego que está nos estatutos da institución; algo que, por outra banda é bastante ridículo, xa que como cualquera persoa cun pouco de sentido sabe, as linguas non teñen dereitos. Gustaríame que tivésemos unha academia que se adicara a fixar e dar esplendor, o que me leva de novo á primeira petición. Por pedir que non quede.

Gloria Lago.
Gloria Lago.

No PPdeG ninguén fala xa de que sexan os pais os que escollan a lingua principal de escolarización dos seus fillos. Entrados na terceira lexislatura de Feijóo e ante o apoio que no seu día o PPdeG deu as súas teses, síntese utilizada?

O labor que realizo en GB podería calificalo como unha mestura de hobby e cumprimento do que creo un deber cívico. Nós traballamos, argumentamos, e informamos. Pero non facemos as leis, nin estamos dentro dos partidos. Se un político mente e engana, se as persoas que comparten as súas siglas non marchan para a casa, iso é o que hai e hai que asumilo. Gustarianos que se tivesen feito as cousas ben, sobre todo que houbese xa unha politica lingüística de elección de lingua no ensino, como en todos os países onde hai máis dunha lingua oficial pero, ninguén pode pór en dúbida que imos conseguindo melloras. A proba é o perpetuo cabreo dos que agarimosamente chamamos talibanciños. O noso traballiño cústanos calquera avance, denuncias perante a administración, no Valedor, nos tribunais, queixas ante a UE. A situación sería moito peor se non tivésemos aparecido en escena. Ademais actuamos como freo para que a administración non vaia máis alá. Sen nós, a Xunta de Feijóo, neste tema, estaría a monte. 

A Mesa pola Normalización Linguística ten en marcha unha Proposición non de Lei na que reclama que o galego estea en condicións de igualdade cando se proporcionen servizos por parte de operadoras privadas. Que lle parece?

Por experiencia sabemos que o que ven dese grupo adoita levar o selo da manipulación. De entrada, que unha asociación con manifestos que reclaman educación monolingue en galego para todos os nenos, se faga chamar de “normalización”, parece unha broma de mal gusto. A proposición será para a lei do funil. O de sempre, “vivir en galego”, é dicir: entre dúas persoas, unha galegofalante e outra que teña como propia o castelán, se o galegofalante é o cliente, o camareiro ten que cambiar de lingua, pero se o galegofalante é o camareiro entón o cliente ten que aceptar que lle fale en galego. Ao final do que se trata é de manipular á xente, de facer enxeñeria social, e de dar ingresos ao lobby, neste caso aos que imparten cursos de galego para que capaciten a todo quisque. As obrigas de usar unha lingua so poden establecerse no ambito oficial, no privado ten que haber liberdade de uso, dentro do respecto entre seres humanos. 

Vostede é moi crítica coas liñas de subvencións por motivo de normalizar ao galego. Unha das principais liñas de axudas da Xunta neste eido é para os xornais diarios escritos. Que lle parece que periódicos que son maioritariamente en español reciban importantes cantidades de diñeiro por publicaren unha parte dos seus contidos en galego, en concreto un mínimo do 8%?

A prensa recibe axudas institucionais de moitas maneiras, creo que ista é unha simple desculpa. Se as axudas polo uso do galego se retirasen, compensaríannas con máis campañas de publicidade de organismos públicos. 

Deberían publicarse os medios de comunicación de Galicia en edición bilingüe?

O normal é que un medio publique na lingua, ou linguas, que prefiran os lectores aos que vai dirixido. Estamos a falar de medios privados. En canto á CRTVG, non estóu completamente dacordo con quen defende que sexan bilingües, creo que deben utilizar o galego. A TVG e máis a Radio Galega teñen feito un labor fundamental na difusión da lingua galega e sobre todo, teñen sido e son un lugar de acollida para toda a xente que non ve a súa lingua en ningún canle. Estou pensando sobre todo na xente que vive no rural ou en vilas pequenas. A radio e a tele galegas reflicten o seu mundo; non hai mais que vivir no rural, como fixen eu uns anos, para sabelo. Dito isto, paréceme que deberían deixar a un lado esa insistencia en que os entrevistados ou mesmo a xente que opina na rúa utilice o galego. En demasiadas ocasións nótase que o que amosan é artificial. Non podes estar transmitindo dende unha rúa dunha cidade galega e aparentar que ninguén fala castelán, nin rifarlle a unha rapaza que participa nun consurso por usalo. A xente debe poder expresarse na lingua na que se sinte máis cómoda.

Os que defenden as súbvencións á normalización argumentan que o Estado tamén subvenciona as producións culturais en español, por exemplo o cine ou o Instituto Cervantes. Que lles respondería?

Ter axudas no lugar no que vives facilítache moito máis as cousas: Xunta, Concellos, Deputacións. E non  me parece ben que se axude aos creadores que utilizan o galego e se exclúa aos que teñen como lingua propia o castelán. En canto ao Cervantes, hai que dicir que responde a unha demanda real, non artificial, de aprendizaxe do español, e que esta lingua, segundo estudos, como un da Fundación Telefónica, supón arredor dun 12 % do PIB español. En todo caso, agora tamén ten entre os seus cometidos a promoción  das outras linguas de España, aínda que está por ver a demanda que hai de aprendizaxe destas linguas, sobre todo no estranxeiro.

Vostede é residente en Vigo. Que lle parece a politica lingüística que está a desenvolver o alcalde Abel Caballero durante os seus mandatos?

O alcalde de Vigo utiliza en público maioritariamente a língua que él adoita usar en privado, que resulta ser a que usa a meirande parte da xente de Vigo. Pero tamén fala en galego. Depende do tipo de acto, do público a quen se estea a dirixir. É bastante camaleónico no bo sentido da palabra, adápatse ao ambiente. É un tipo listo. Estou convencida de que se non tivese que aturar aos do Sanedrín, que teñen moi mal aquel, Vigo sería o primeiro concello administrativamente bilingüe de Galicia.

En varias ocasións especulouse coa súa entrada en política, mesmo vostede deu a entender algunha vez que estaba pensando sobre esa posibilidade. Por que non fraguou? Descártaa por completo cara o futuro?

Hai xente amiga de especular nese sentido, normalmente son aqueles que agardan que os demáis fagan as cousas de xeito calculador, os de “agora métome nisto e me serve para dar o salto á política”. Conmigo está claro que se equivocaron. Xa son moitos anos, se quixese meterme en política, sería mais doado afiliarme a un partido. Coa décima parte das horas que levo adicadas a GB, xa podería ter medrado. E eu nunca din a entender nada de nada. Nunca. Outra cousa é que digas que non es alérxica ao matrimonio e transcriban que queres casar. No futuro? Non teño nin idea do que pode pasar no futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

20 Bisbardos

Algunas críticas, por su tono fanático, soez y cutre, son una buena prueba del gran éxito de Galicia Bilingüe. Exhiben una perfecta demostración de que esta asociación enfrenta de manera exitosa así como neutraliza lo más intelectualmente indigente, y socialmente marginal, de la población gallega. Qué sigan rebuznando. Hay GB para rato.

19 Españolistas dades noxo

Só hai unha realidade no estado español (Contra a que GB nunca protestou, só inventan): a imposición do castelán a todos os cidadáns e a discriminación dos galegofalantes, legal e social. No fondo é obvia a intención: Facer a todos españois via a imposición lingüística: nacionalismo identitario, violento. Plantexan construír a nación española sobre a destrucción dos pobos de España. Delirante.

18 anonimo

Xunta: so en galego, Concellos case 100% en galego, deputacións ídem, publicidade pública, igual, subvencións o mesmo, cultura oficial, igual. Todo moi normal, en Galicia imponse o castelan, si home si.

1 Españolistas dades noxo

Non, discrimínase aos castelánfalantes, claro que si. Como non te atenden en ningún lado en castelán nin se subvenciona (RAE, Instituto Cervantes, TVE, todas as subvencións do estado)... En fin, sodes unhas luminarias, os españoleiros.

17 Españolistas dades noxo

Só hai unha realidade no estado español (Contra a que GB nunca protestou, só inventan): a imposición do castelán a todos os cidadáns e a discriminación dos galegofalantes, legal e social. No fondo é obvia a intención: Facer a todos españois via a imposición lingüística: nacionalismo identitario, violento. Plantexan construír a nación española sobre a destrucción dos pobos de España. Delirante.

1 nostrus

Estas moi enfermo e sufres a mesma obsesion galegueritica ca que pode sentir un ultracatolico alarmado polo descenso de fieis da fe catolica. O galego só é unha lingua pero ti convirtelo no teu talisman. Estas no teu direito a fanatizarte co que che dea a gaña, pero non tes direito a esixir que os demais se fanaticen. Fala galego canto che pete e deixa aos demas que fagan da sua vida o que lles dea a gaña

2 Españolistas dades noxo

Ese é o problema, nostrus, que as leis e a sociedade española me obrigan a falar castelán. Ese e non outro, coma as caralladas da imposición do galego que inventas, fachiño.

3 nostrus

Españolistas dades noxo. Eres un mentiroso porque puedes hablara la lengua que te de la gana de las seis mil que hay en el mudo, sea oficial o no. El único requisito que tienes que cumplir es que para un cometido oficial tienes que usar una lengua oficial en el territorio donde te encuentres, tanto aqui como en cualquier parte del mundo. La lengua oficial de Italia es el italiano y en cambio no es el latin aunque se originó alli y en Argentina es el español el oficial a pesar de no originarse alli, porque la oficialidad de una lengua obedece a la realidad lingüisitca social de un territorio y no al origen de las lenguas. El problema de los fanaticos como tu es que le rezais al gallego del mismo modo que en la antigüedad se le rezaba al sol.

4 Españolistas dades noxo

Ou sexa que se as leis me obrigan a falar castelán está ben, pero se obrigasen a falar galego estaría mal. Nostrus, es unha absurdidade con pernas, e o peor é que a cabeza non che dá pra entendelo.

5 Arturo Novo

Chamarlle español ao castelán é unha manipulación da linguaxe. Non existe o español. Existen o castelán, o galego, o euscaro e o catalán. Manipulación realizada con único fin: Impoñer o castelán en todo o territorio que abrangue o territorio español. Se España fose unha auténtica democracia, todas a linguas recibirian o mesmo trato. Pero non o reciben. Esa diferencia de trato é a que propiciou que haxa en Galicia castelánfalantes. Os que defenden esa diferencia de trato, non sei se son boas ou malas persoas, pero demócratas non. Un saúdo.

16 Danilov

Polo fin da discriminación lingüistica ao castelán falante en Galicia, pola dobre rotulación nos dous idiomas oficiais en todo centro oficial, polo fin da inmensa fraude das subvencións aos chiringuitos galeguistas, pola verdadeira liberdade de elección dos pais na lingua vehicular da educación. Grande Galicia Bilingüe.

1 nostrus

Completamente de acuerdo contigo. en Galicia tenemos dos lenguas propias y oficiales para que cada uno las use en la dosis que le de la gana.

2 Metílico_para_todos

La verdad es que el señor "españolistas dades noxo" tiene toda la razón. ¡Sois fascistas simulados! A ver cuándo se hizo en Galicia esto: http://politica.elpais.com/politica.... O esto: http://www.ociozero.com/foro/11395/.... ¿Discriminación del castellano decís? Lo que hay es una discriminación del idioma de las autonomías que lo tienen. No me daríais ninguna pena si os hicieran lo mismo. De hecho, leyendo lo que os leo me dan ganas de que realmente os discriminen, a ver si así aprendéis a quejaros y no decir tonterías. Dais asco.