O ex-presidente da Mesa busca reabrir “o debate social” sobre o idioma cun novo libro

Carlos Callón di que non busca introducirse no "pesimismo", senón dar un "tirón de orellas" ás diferentes administracións que non cumpren co seu papel de velar polos dereitos lingüísticos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2017 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O profesor e expresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, insta a abrir "o debate social" ao redor do galego ante a "encrucillada" que vive o idioma na actualidade, momento no que a maioría de informes advirten de que é "a única lingua do Estado que perde falantes".

Carlos Callón e Manuel Bragado
Carlos Callón e Manuel Bragado | Fonte: W.B.

É o obxectivo da súa nova obra 'Galegocalantes e galegofalantes', publicada a través de Edicións Xerais e que continúa unha serie de libros-ensaio sobre a causa do idioma iniciada en 2010 con 'En castelán non hai problema'.

O director de Xerais, Manuel Bragado, definiu esta publicación como unha "crónica" na que o autor tenta reconstruír un momento concreto e "decisivo" para a lingua, a partir do ano 2009, no que se rexistra "un acusado retroceso dos usos sociais" do idioma tras a aprobación do chamado decreto do plurilingüismo.

Unha situación que, en paralelo, leva a unha "activación social da defensa do idioma" sen precedentes na comunidade galega e que esta obra pretende analizar e situarse como "ferramenta polivalente", explicando un proceso e ofrecendo "coraxe e argumentos" para chamar tanto a cidadáns como institucións á "corresponsabilidade" sobre a lingua galega.

O propio Callón destacou, en rolda de prensa, a súa intención de avivar o "debate social" nun momento de perda de falantes e de falta de recursos e espazos para o galego, tanto en medios de comunicación como no lecer ou os trámites administrativos, entre outros.

Carlos Callón, ex presidente da Mesa pola Normalización
Carlos Callón, ex presidente da Mesa pola Normalización | Fonte: Enric BorrAs Twitter

O galego "segue vivo"

"Pero segue vivo, e iso é unha razón para a esperanza", engadiu Callón, quen lembrou que as manifestacións "masivas" rexistradas en Santiago no período que aborda o libro demostran que "hai moita máis demanda de galego que oferta".

Por iso, non busca introducirse no "pesimismo", senón dar un "tirón de orellas" ás diferentes administracións que non cumpren co seu papel de velar polos dereitos lingüísticos e as linguas do Estado, posto que é "necesario" que "esperten do letargo" e impulsen políticas "activas e inclusivas" a favor do idioma.

"Temos que comprometernos e se algo nos di a historia é que as sociedades que apostan pola súa lingua son sociedades que se desenvolveron", destacou, animando a crer nas "potencialidades" de Galicia e acabar "co autoodio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

10 Nexus 6

El problema de Carlitos es que las sociedades son diversas y los individuos que las forman son cada uno de su padre y su madre ou de seu pai e súa nai. Dicho de otra forma, unos gallegos tienen como lengua propia el gallego y otros...el español; así que como las dos son oficiales en la comunidad habrá quien apuesta por una o por la otra. Lo que ocurre es que hay mucho fascistoide acomplejado y resentido que niega la realidad y no acaba de aceptar esta diversidad lingüística.

1 teutonio

Exactamente, as sociedades son diversas e os individuos vivimos nelas, non nun contexto aséptico no que tomamos as decisións en total liberdade, somos influídos pola sociedade e polos seus prexuízos, marcas negativas e pola ideoloxía lingüística supremacista na que boa parte da sociedade foi educada e que aínda existe de maneira máis sútil. O que ocorre é que mentres haxa moito supremacista e acomplexado resentido por non ter nacido en Valladolid, seguirán os galegofalantes a sufrir preconceitos e abandonar a lingua totalmente ou a escondela en segundo que contextos.

2 nostrus

teutonio deixate de teorias que parecen de psiquiatria. En Galicia fala galego quen quere e non fai falla aupalo para que o fale, e foi asi toda a vida, meus pais falaron galego sempre. Cando eu era pequeno, na ditadura, recordo a garda civil falar en galego moitas veces. Sinxelamente o galego non era unha lingua oficial e si se fixo algunha inxusticia lingúistica foi porque era unha ditadura e fixeronse inxusticias en mais cousas. Os preconceptos e complexos son cousa dos nacitas que se sinten travestidos, pero o resto non sufrimos esas alucinacions.

3 Antinostrus

O ma ma ra cho aneuronado que recoñece a súa Máxima Traición á Xínea Familiar e Pátrida ("meus pais falaron SEMPRE en galego") amosa as Ínfulas de NarciColonizado e Vendido ao mellor postor cun "cando eu era pequeno" paradigmático do seu Inferosupercomplexonacionalitario sen saber que é, aínda se colle, mais Minúsculo que o mais Raquítico dos Paracmecios de Charca habitadores desta Galaxia.......Capadura Obrigatoria (previa introducción na Carteira de Servizos do Sergas) para os Gloriametílicos e Cipaios atendadores contra da integridade sociocultural da Nacion Galega, Xa!!!.

4 teutonio

Non son teorías, hai centos de estudos académicos sobre isto escritos en diversas linguas por especialistas de aquí e de acolá pero ben sei que quitándote das comparacións absurdas e as tontunas, o teu non é ler. O resto do comentario é propio dun troll, síntocho, calquera galego coñece a persoas que por diversas razóns (vergoña, hábito, medo a ser marcado...) fai un uso diglósico do galego ao falar cos fillos e netos, na consulta do médico, na discoteca ou no traballo e outros tanto que discriminan a quen fai un uso do normal do galego (por exemplo, en Pórtico Vigo, na Cámara de Comercio da Coruña ou en Citroën rexeitan CVs en galego). Estes preconceitos chegan a un nivel tan absurdo como o deste recente chío https://twitter.com/AinhoaLopezRodr...

9 Antinostrus

Xa está o Noso NostrusOligofrénico de Cabeceira (acompañado do seu Bastardo Buff ito: froito da Montada Incestuosa sobre a Por ca da súa Nai in cortellus hispánicus) falando (coa Boca Chea coa última cagalleta vertida polo Bedel do Ministerio Españolísimo do Interior na Supravacenilla Madrileña e en pago aos seus denodantes servizos mercenáricos- vinte e nove denarios de baquelita, meu!!! -) tentando dicer Pam plo na.........Fumigación de Cipaios, Mononeuronais e Gloriametíílicos, contaminadores da nación galega, Xa!!!.

8 Efixio

Carlos. Fixeste unha boa campanha electoral. Sorprendeume. Moitos galegos, incluso eu, sorpredímonos que haxa xente que vaia tanto como ti na esfera social e política. Os outros votaron polo presidente da rexión de Cantabria. Moi ben Carlos. Foste unha boa surpresa! E aos vigueses, pontevedreses, etc. dicerlhes que a meirande parte dos que se din nacionalistas ou cousas polo estilo, decirlhes que o que son ten una palabra: merdentos.

7 Galego

Graciñas Carlos, ánimo e paciencia, canta afouteza teñes moitos por aquí mantendo o anonimato, ben seguro que non se atreven a ter un debate ou unha conversa contigo porque non teñen argumentos para defender as súas mentiras.

6 extremismo não

Não acredite nos dous elementos de abaixo.