Deputación da Coruña e Abanca dotan o Plan Activamos con 50 millóns para financiar a familias, pemes e corporacións

Como novidade, nesta edición incorpórase unha liña de crédito para rehabilitar vivendas rurais

A CORUÑA | 21/04/2017 | Actualizada ás 13:27 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña e Abanca renovaron o convenio de colaboración do Plan Activamos, un acordo a través do cal a entidade destinará 50 millóns de euros para financiar a familias, pemes e corporacións locais. Como novidade, tamén se concederán liñas de crédito para a rehabilitación de vivendas no rural.

Así o expuxeron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o director de Banca Institucional de Abanca, Santiago Novoa, na firma do convenio.

No tres edicións realizadas ata agora, o plan concedeu 149 millóns de euros nun total de 5.680 operacións. En concreto, o plan financia, en condicións preferentes, proxectos relacionados con formación, accesibilidade a vivendas, extensión de novas tecnoloxías, eficiencia enerxética e creación de emprego.

Ademais, nesta nova edición, como novidade, a Deputación e Abanca concederán liñas de crédito con condicións "moi vantaxosas" para a rehabilitación de vivendas no rural, dirixida a inmobles en concellos de menos de 20.000 habitantes.

Santiago Novoa destacou que o plan é un "símbolo de compromiso" coa contorna e as familias. Polo seu lado, Gónzalez Formoso agradeceu a colaboración de Abanca e trasladou que por parte do organismo provincial seguirán "espremendo" todas as posibilidades para axudar ás persoas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta