CIG e A Mesa esixen a dimisión da Valedora por ser “cómplice” do PP na “discriminación” ao galego

Denuncian a "impresentable" contestación de Milagros Otero a unha queixa sobre o recorte de horas do galego no ensino.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2017 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

A CIG e A Mesa pola Normalización Lingüística esixiron este xoves a dimisión da Valedora do Pobo, Milagros Otero, por ser "cómplice" do Partido Popular e "os posicionamentos da Consellería de Educación" na "discriminación" ao idioma galego. O responsable de CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o presidente da Mesa, Marcos Maceira, cargaron contra a valedora polo que consideran unha contestación "impresentable" e "inaceptable" a unha queixa na que se denunciaba a "ilegalidade" do recorte de horas de ensino en galego.

Marcos Maceira e Anxo Louzao
Marcos Maceira e Anxo Louzao | Fonte: Europa Press

A este respecto, Louzao expón que coa entrada en vigor da Lei para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) prodúcese un recorte de horas en galego ata tan só supor o 15% do total, de forma que queda a "anos luz" do marcado pola lei de normalización lingüística. Denuncia que hai 13 horas menos na ESO do idioma propio de Galicia en materias aplicadas —son 18 horas fronte ás 31 en castelán— e 10 horas menos nas académicas —son 21 horas fronte ás 31 en castelán—.

Deste xeito, Louzao censura que Otero "non entra no motivo da queixa" de reclamar que se cumpra coa igualdade no número de horas de galego e castelán, e tan só "reproduce a posición da Consellería de Educación" de que se busca o "máximo equilibrio posible", polo que dá por pechado o expediente.

A CIG subliña que "non é posible ese equilibrio no plano teórico" coa discriminación do galego nas materias troncais, e tamén pon como exemplo que en Bacharelato "non hai horas suficientes" das materias a impartir en galego. "Dá a impresión de que non leu a queixa e nin sequera estudou a lexislación", censura.

Por iso, Anxo Louzao acusa á valedora de ser "prexuizosa" co galego, no marco dunha "actuación ideolóxica", e táchaa de "inimiga" do idioma. De tal forma, recrimina que funciona "como un apéndice máis do PP" no canto de ser unha institución que ofreza amparo aos cidadáns, que se atopan con "un desamparo total".

"TOMADURA DE PELO"

Nesta liña, Marcos Maceira tacha de "tomadura de pelo" a contestación da valedora do Pobo e a súa decisión de concluír a investigación sobre a situación do galego nas aulas, nunha institución que ve "desprestixiada".

Maceira cualifica de "indignante" a postura fronte ao galego por parte da valedora do Pobo, pois observa "significativo" que unha das primeiras accións que tomou no seu posto fose a de reclamar que a cartilla de vacinación estivese en español.

A isto únese a "persecución" a rapaces dun colexio de Nigrán por ter un cartel no que se podía ler 'Fala galego, non sexas lelo', que logo tiveron que cambiar, segundo lembra A Mesa. "Non se pode permitir que se manteña en institucións o odio ao galego", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Guillerme Gintonic

Louzao o parasito eterno

1 LKI

E tan eterno, como que é hereditario: http://www.sermosgaliza.gal/opinion...

1 Bufffff

Me temo que no es más de una muestra de fanatismo, una más, de una mnetalidad upegalla, partido al definirse como marxista-leninista, stalinista, añora la finada Unión Soviética y otras tiranías totalitarias de la Europa del Este. Más que estar prohibidos, tendrían que estar en presidio por vivir de las subvenciones, liberaciones y puestos de teabajo artificiosos que fomentan por doquier con las falacias habituales.

1 Kollontai luguesa

Vaia vexo que es un furibundo defensor da liberdade de expresion. De todos xeitos lembra que se es coñecedor dalgunha irregularidade o teu deber coma cidadan e denunciala. Por certo a ver se introduces algunha novidade no estilo tan pesimo de redaccion.

2 Kollontai luguesa

O teu estilo redactando e ñoño e demode. Mais na liña dun Gabriel y Galan que non na dun sempre moderno Quevedo. Pero esa e a miña modesta verdade porque eu a diferenza doutros e doutras non estou na posesion da verdade absoluta.

3 Bufffff

Me ganas por eso de que no estás en posesión de la verdad absoluta. Por eso me extraña que defiendas a quienes, por sus propias bases teóricas totalitarias, sí creen ser la verdad absoluta. En cuanto a la redacción, no pretendo hacer florituras. Tan solo que se entienda. De todos modos, no te veo con condiciones para criticar mi forma de escribir después de haberte leído un "tan (sic!) pésimo".

4 nostrus

Kollontai luguesa, eu creo que ti non es tan galegueritica nin tan intolerante como amosas nos teus escritos e mais ben penso que son producto de compartir o tempo con malas compañias. Diríxome a ti porque me pareces mais tolerante que moitos dos nacionáticos que por aqui merodean cuspindo canto poden. Tes que admitir que estes dous lacazans (Marcos e Anxo) comportanse como dous bispos ultracatólicos fanatizados co galego. Non poñas odio a quen emprega calquera das duas linguas propias e oficiais de Galicia, sexa cal sexa o motivo para usalas e pensa que as duas linguas conforman a identidade real de Galicia, porque Galicia é bilingüe por moito que lle doa a algunhos.

5 nostrus

Eu acostumo a participar neste foro en parte para aportar, compartir e intrcambiar ideas, inda que recoñezo que tamen me rio dos naciotas ultraortodoxos galegueiros, pero nunca amosei desprecio a ningunha das miñas linguas e mesmo defendo constantemente a oficialidade das duas e o uso por parte da xente na dose que lle dea a gaña e o único que recibo a cambio, inda que me resbala, e a constante consideracion de fascista, porque os nacionáticos pensan que non hai de fascistas galegofalantes. Abonda xa da evanxelizacion lingüistica e de considerar ao galego como mais do que é, unha lingua na que moita xente se atopa cómoda e punto, sin nada que ver a sua utilidade, a sua espiritualidade ou as suas propiedades benefactoras para a gorxa ou colesterol. Nacioneros, ide rañala.

6 FTG

"Eu acostumo a participar neste foro en parte para aportar, compartir e intrcambiar ideas, inda que recoñezo que tamen me rio dos naciotas ultraortodoxos galegueiros". Ríete da xente na súa cara, a ver se es tan valente como dis ser.