Santiago de Compostela | 05/05/2017 | Actualizada ás 19:18 por EUROPA PRESS
Vallum Foundation, sociedade para o fomento económico da familia chilena Luksic, declarou unha participación do 3,014% no capital de Banco Popular, segundo consta nos rexistros da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Esta participación equivale a 126,5 millóns de accións que, co prezo da acción de Popular a peche da sesión bolsista do xoves, ten un valor próximo aos 87,3 millóns de euros.
Deste xeito, Vallum Foundation pasa a converterse nun dos accionistas de referencia do banco que preside Emilio Saracho, tras a Sociedade Xeral Financeira e Fiduciaria (9,87%), a Sindicatura de Accionistas (9,59%), Caisse Federale de Credit Mutuel (4,061%), Credit Mutuel (3,95%), Allianz SE (3,497%) e Silchester International Investors (3,054%).
Vallum Foundation ostenta indirectamente o 100% do capital social de Aeris Invest SARL, sociedade que exerce independentemente de Vallum Foundation e Excom Establishment os dereitos de voto do emisor.
A familia chilena de orixe croata Luksic tamén posúe o grupo investidor Luksic, que conta con máis de 60 anos de experiencia investidora, e que posúe o 51,2% do Banco de Chile, o 56% da Compañía Suramericana de Vapores (CSAV) ou o 100% de Techpack.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.