A CORUÑA | 09/05/2017 | Actualizada ás 17:24 por EUROPA PRESS
O Concello de Oza-Cesuras (A Coruña) decretou dous días de duelo pola morte do neno de 11 anos cuxo corpo foi localizado nun monte desta localidade este luns despois de denunciar a súa desaparición o domingo a súa nai. Como presunto autor da súa morte, está detido o seu pai.
Nun comunicado, o Concello explica que as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta. Ademais, este mércores, ás 12,00 horas, a corporación municipal, empregados municipais e veciños gardarán un minuto de silencio ante a casa consistorial.
En declaracións a Europa Press, o alcalde de Oza-Cesuras, José Pablo González Cacheiro, lamentou o sucedido e subliñou que "é unha tristeza". "Isto non pode ocorrer", resaltou.
O monte no que foi localizado o corpo do menor, no lugar da Barra, na parroquia de Rodeiro, ten vinculación coa familia do pai do neno falecido. De feito, no municipio residen tíos e outra familia do arrestado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.