Alumnos da Escola Municipal de Música de Santiago inician este sábado protestas contra os recortes de Educación

As familias e o alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago inician este sábado, día 13 de maio, unha serie de mobilizacións para impedir a "gravísima amputación das súas instalacións" que, segundo denuncian, pretende realizar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sen que o Concello "ofreza unha alternativa viable".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2017 | Actualizada ás 08:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As familias e o alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago inician este sábado, día 13 de maio, unha serie de mobilizacións para impedir a "gravísima amputación das súas instalacións" que, segundo denuncian, pretende realizar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sen que o Concello "ofreza unha alternativa viable".

Así o acordaron as familias e o alumnado nunha asemblea ao considerar que este recorte suporá, na práctica, a "imposibilidade de continuar co labor educativo" neste centro que comparte instalacións co CEIP Apóstolo Santiago e no que estudan 440 alumnos.

En concreto, a primeira protesta terá lugar este sábado, a partir das 11,30 horas, coincidindo coa participación de varias agrupacións da escola nun acto na Rúa Nova (fronte á Galería Sargadelos).

Segundo lembraron, a actividade desta escola desenvólvese nas actuais instalacións desde hai case "15 anos", tempo no que formou parte "activa" da vida cultural da cidade. Por iso, consideran "incrible" a pretensión da Xunta de "derrubar un espazo educativo tan útil e necesario" para todos.

Ademais, lamentaron que o Consistorio compostelán, "coñecedor da situación", "non tome as medidas oportunas para defender o uso compartido como se realizaba ata agora".

"Esiximos e non aceptaremos outra alternativa que non sexa o mantemento das actuais instalacións ata que non se garantan unhas novas, en condicións de ser utilizadas, idénticas polo menos ás actuais".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta