Segunda gran cita do street basket galego

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Torneo 4x4 Pista Roja Lugo, que disputarán 20 equipos os vindeiros 17 e 18 de xuño. Gran expectación en Lugo!

Por gcdeportes | Lugo | 16/05/2017 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

Máis de tres décadas tardou a mítica pista galega en organizar o seu primeiro torneo oficial. Despois de moitos anos de conversas sobre o tema, o pasado 2016 a asociación da Pista Roja Lugo decidiuse a organizar o seu primeiro campionato oficial. Non houbo sorpresas, o éxito foi maiúsculo: os asistentes vibraron cun gran nivel de baloncesto (xogadores que este ano tiveron un gran rendemento nas ligas LEB e na EBA) e desfrutaron dun grandísimo espectáculo coroado polo espectacular concurso de mates.

Tyson Pérez, campión do concurso de mates no 2016
Tyson Pérez, campión do concurso de mates no 2016 | Fonte: Rodrigo Díaz López

Este segundo ano as expectativas son se cabe maiores: os recordos, vídeos e fotos do ano pasado fan que moita xente estea facendo a conta atrás para o 17 e 18 de xuño.

O prazo de inscrición xa está aberto e de novo serán 20 equipos os que loiten por un título máis prestixioso que económico: fiel á filosofía de altruismo e amateurismo da pista vermella.

Convite aberto para a terceira finde do mes de xuño! Reservade as datas nas vosas axendas e neste tempo aproveitade para botar un ollo ós espectaculares materiais audiovisuais do ano pasado... Atoparédelos sobre todo no facebook da Pista Roja Lugo e na canle de youtube PISTAROJA LUGO.

Artigo de Guido Álvarez (@guidoalvarezp)

Cartaz do II Torneo 4x4 Pista Roja Lugo!
Cartaz do II Torneo 4x4 Pista Roja Lugo!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta