De Toro está "ata as narices" da indefensión de escribir en galego

O escritor Suso de Toro deixa de escribir e o fai porque está "ata as narices" da indefensión dos escritores que publican en lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/04/2010 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

"Fun escritor de oficio en lingua galega e vivindo na miña cidade, Santiago, non estivo nada mal, agora volverei a ocupar unha praza de profesor nun liceo ( o mesmo no que tiven a miña primeira praza hai vintetantos anos, unha curiosa viaxe no tempo cara atrás).
Sinto que terei que facer unha reflexión sobre o que foi esta aventura e sobre por que remata. Esta madrugada imaxinei dous títulos para esa explicación que debo facer para min propio: “Adeus a todo iso” ou “A fin da escapada”. Hai títulos que xa veñen feitos.", aseguraba o xoves no seu blog.

Con todo, de Toro afirmaba este venres nunha entrevista na Radio Galega que deixa de escribir en galego porque está "cansado" de que os escritores que utilizan esta lingua non sexan valorados nin recoñecidos polos políticos e pola sociedade. "Estou ata as narices", apuntou.

"Máis valorados" fora

"En España son máis valorados os escritores que escriben en español de Arxentina, Chile ou México que os que o fan de Cataluña, Euskadi ou Galicia", sinalou. "Estou xa cansado desta situación", engadiu ao tempo que asegurou que tamén chegou a un punto no que non se sinte "tan creativo" como antes.

Por iso, anunciou que volve a súa profesión --é mestre de instituto-- para tentar "descansar" un pouco. Con todo, non descarta volver á escritura máis adiante.

None

Neste Blog, un trasunto de de Toro o presenta como:

"Suso de Toro quiere aclarar que tiene un "doppelgänger", un doble siniestro, que es ese tal "Suso del Toro". Ese ser nació en parte por un cruce de su apellido con el de los cineastas Guillermo y Benicio del Toro, parientes muy muy lejanos, y, sobre todo, por el odio y la pulsión sectaria de la caverna de la ultraderecha y de los sectarios en general que desearon que existiese ese ser perverso. Suso del Toro es perverso, ruín y mezquino. Es sucio y grosero. En Galicia, para los verdaderos patriotas, es un españolista traidor, amigo de Zapatero y por ello un peligroso enemigo del pueblo gallego. Y para la caverna españolista es un rojo separatista, enemigo de España y de su unidad, de la lengua común una y grande, del organillo y la Verbena de la Paloma. Pero también es antinorteamericano, anticomunista, antiisraelí, proisraelí, antifascista, judío, palestino, capitalista, anticapitalista, nacionalista, antinacionalista, taurino, antitaurino, blasfemo,meapilas...Una aberración enemiga de las personas normales que se manifiestan con sus banderas en la Plaza de Colón madrileña o en cualquier otro lado. Suso de Toro no se hace responsable de las barbaridades y sinvergozonerías que haga o diga, o digan que hizo o dijo, el tal Suso "del" Toro. (Para mí que se trata del mismo Fantomas)".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

1 Non entendo

Un escritor é un creador , e CREA. Obviamente crea para un público e quere ser lido. Pero ese foi un problema para Suso de Toro?, que é xunto a Manolo Rivas un dos autores galegos máis lidos?. Se Suso de Toro se queixa, que terán que dicir os demáis...Máis non entendo esta postura, porque un escritor crea para sacar de dentro esas historias que ten que contar inda que ninguén o lea, crea, entenda, respete... que máis da iso, o importante é a literatura, a arte, a rebeldía de escribir nunha língua desprezada e minorizada.. non entendo a Suso de Toro, para chegar a esta conclusión non precisaba tanto camiño andado.