Por que os galegos pagamos máis polos carburantes?

Un galego pode pagar uns 120€ máis que un catalán por encher o depósito catro veces ao mes. Tres anos despois de que a Xunta presentase un informe de queixa ante a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, a administración nada fixo. Hoxe o presidente desa Comisión reuniuse con Feijóo. Da reunión saen boas palabras, pero ningunha medida concreta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/05/2017 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse hoxe co presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), José María Marín Quemada. Tras a xuntanza, a Xunta presume de boa sintonía, pero o certo é que non hai ningún compromiso concreto para abordar o sobreprezo que pagan os galegos por carburantes. 

O titular do Goberno galego reuniuse co presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), José María Marín Quemada
O titular do Goberno galego reuniuse co presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), José María Marín Quemada

Galicia é unha das autonomías máis caras neste aspecto. Iso malia contar cunha refinería no país, a de Repsol, na Coruña. Por exemplo,  o gasóleo antes de impostos en Galicia é un 5,4% máis caro que en Cataluña, pese a teren os cataláns a mesma tributación que a Autonomía galega.

En 2014, a Xunta envioulle un informe ao organismo regulador estatal, elaborado polo Consello Galego de Competencia. “A CNMV apoia o informe da Xunta sobre o prezo do combustible”, presumira daquela o Goberno.

Nese documento constátase que os problemas de competencia que hai a nivel estatal agudízanse no país. Con todo, tres anos despois o problema segue a ser o mesmo e a CNMV non tomou ningunha medida ao respecto. 

Hoxe, José María Marín admitiu que estamos ante “un problema nacional pero especialmente agudo en Galicia”. De medidas concretas, polo de agora, cero.

Prezo medio con impostos da gasolina por autonomías
Prezo medio con impostos da gasolina por autonomías | Fonte: Ministero de Energía

O máis que sae da reunión deste martes é un compromiso de “estreitar lazos” e a promesa de “tomar decisións” con “urxencia". Marín asegura que tras esta reunión haberá “un antes e un despois”.

En 2014, o  prezo medio en Galicia excluíndo a tributación era 2,4 céntimos maior que a media, pese a que a Comunidade conta cunha das oito refinerías que hai en España. Daquela, isto significaba que un consumidor catalán que enchera un depósito de 50 litros catro veces ao mes pagaba nun ano 120 euros menos que un consumidor galego. En Cataluña o custe en 2014 do gasóleo era un 5% menor. A cousa empeourou neste tempo, agora é un 5,4% inferior. 

De feito, de acordo as cifras do Ministerio de Industria para marzo deste ano, contando os impostos, unicamente Baleares é mais cara que Galicia en gasóleo. En gasolina, só son máis caras esa comunidade insular e Asturias. 

Ante este lastre, a Xunta tomou algunhas medidas estes anos, pero resultaron ineficaces visto o visto. O Goberno simplificou os trámites para abrir estacións de servizo. Con todo, o país segue a ser un dos que menos establecementos ‘low cost’ ten. 

Feijóo non lle tirou das orellas a Marín Quemada, cando menos non publicamente, pola súa pasividade destes anos. Polo contrario, agradeceu o seu compromiso para “estudar mecanismos”.

Prezo medio con impostos do gasóleo por autonomías
Prezo medio con impostos do gasóleo por autonomías | Fonte: Ministero de Energía
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

5 Arturo

Imos ver: Nen os galegos " damos de balde" a enerxía eólica ( ¿ a quén ? ), nen " lle pagamos" aos da meseta o carburante. Eso cadra moi ben co victimismo, pero non é real.O carburante que mercan os da meseta ou quen sexa non é " pagado" polos galegos, non somos nos quen lle pagamos aos de por alá a gasolina cando enchen o depósito. Os demais non viven a conta nosa. Que haxa diferencia de presos no carburante non quere dicir eso, quere dicir , como moito, que as empresas teñen eiquí algún precio distinto que noutros sitios.

4 Abrairas

A Kollona de Lugo debe ser unha liberada sindical da CIG, xa que bota todo o día escribindo nos foros

1 bloque sipaio gallego

É a xente que queda no Bng: o Kollona, o Virrias expañolentas, os Benito´s, o Imeneo e pouco máis

2 Kollontai luguesa

Un machista con diversos nicks ou varios (que o dubido) tan corteses e intelixentes coma vós só merecen unha contestación dun insigne escritor coma John Milton: "They who have put out the people's eyes reproach them of their blindness." Se sodes trolls ou es troll dinamizador es patético. Se as Mareas teñen xente coma ti, teñen un serio problema que tarde ou cedo verán. Adeus, porque non vou contestar a máis insultos e tampouco vas conseguir os teus propósitos.

3 Lávadevos_PPorconas

Aquí a quen vexo todolos días é ao comunista independentista con caretas insultando a eido...e da noxo. Se fuches criado cas vacas vai turrar para outro lado, palerma, que emporcas o foro e da noxo lerte.

3 Galegus

Los bajos precios se basan en la competencia y la disminución de los impuestos. Sin embargo en Galicia, lo de la libre competencia no existe. Aquí se lleva el compadreo con el cacique de turno - casi siempre galleguista - y los grupos organizados que pactan precios en oposición a la sana competencia. En cuanto a la presión impositiva, tanto la izquierda como la supuesta derecha, son partidarios de subir impuestos al máximo.

1 Non_mintas

Perdón, repite más clarito eso de "casi siempre, galleguista" con más argumentos, por favor. Si algo pasa aquí es que hay gente que NO VIVE el país y, por influencia del gobierno central casi siempre, obtiene los contratos que hay que tragarse. Aquí vemos como las obras que adjudica el PP o el PSOE en los gobiernos municipales son dadas a OHL, AHCSA, etc. etc. y luego descubrimos que NO saben hacerlas y tienen que recurrir a empresas gallegas que se las hagan (claro que el beneficio mayor es para las que "ganan" las licitaciones)...¿Se ha puesto coto a eso desde el gobierno central?. Cuando se intenta que eso cambie por parte de gobiernos nacionalistas siempre hay alguno como Nostrus o comunista independentista que se encarguen de abogar por la "libre competencia".

2 John McNamara

Porque somos os faimerir do Estado, xa que pagamos as autoestradas que xa están máis que amortizadas, xa que damos de balde a nosa enerxía eólica....por qué os galleguiños del noroeste non poderán pagarlles aos mesetarios o carburante?

1 Kollontai luguesa

Pois xa sabedes: a reclamar aos congresistas e senadores que votastes e deixar de andar chorando polos currunchos. Desafortunadamente os congresistas e senadores que eu votei non saíron elixidos. http://www.lavanguardia.com/politic... Vou facer comentarios curtiños senón alghún frústrase seica ao ver tantas palabras e case me conmina a deixar a pluma e a remendar os calcetíns do meu marido coma nas "Literatas"" de Rosalía de Castro: "Si vas a la tertulia y hablas de algo de lo que sabes, si te expresas siquiera en un lenguaje algo correcto, te llaman bachillera, dicen que te escuchas a ti misma, que lo quieres saber todo." Pasan os anos, pero hai costumes que perviven. http://www.culturagalega.org/album/...

2 comunista independentista

Os (candidatos a) congresistas e senadores que ti votaches non fixeron absolutamente nada en 20 anos nin o ían facer agora, e por iso non saíron elixidos, Kollona.

3 Kollontai luguesa

Que educado e amable es! En verdade e lamentable que se permitan insultos machistas coma o teu polo demais fixeron ben mais sendo ben menos que os que deben ser os teus. Non vou contestar nada que ti escribas mentres te dirixas a min dunha forma descualificadora e vulgar. A verdade dame un pouco de pena que as Mareas teñan defensores coma ti que es un personaxe pateticamente infantil.

4 Kollontai luguesa

E máis, por moito que discrepe eu cos alcaldes rebeldes ou con Beiras fáiseme difícil imaxinalos compartindo forza política/movemento con alguén coma ti quen a falta de argumentos recorre ao insulto, groseiro e machista no teu caso. Especialmente a un home coma Beiras, malia todos os seus erros, un gran político galego e un home valente. Avergonzas a quen dis defender porque calquera ser humano xusto se avergonzaría de que a todas horas me insultes chamándome "Kollona". Non sei que teñen que dicir as mulleres das Mareas deste personaxiño (se é que en realidade é das Mareas e non un penoso troll), da zafiedade machista que destila cada vez que se refire a min. As miñas críticas son políticas. Eu nunca utilizo argumentos ad hominem... E podería, non sería difícil.

5 Kollontai luguesa

E ben certo que son irónica e incluso sarcástica, pero que nun foro coma este se permita a este individuo día si e día non charmarme "Kollona" é algo ben sorprendente. De todos os xeitos que saibas que non me amedrentas, nin ofendes. Non ofende quen quere, senón quen pode e ti a min non me podes ofender. Resúmocho: vivimos en dimensións éticas diferentes. Penso que eu non vivo nin no mesmo universo ca ti porque procuro ata dedicar un minuto a pensar que haxa individuos que gocen chamándolle a unha muller "Kollona".

6 Kollontai luguesa

E sabes que penso: que me das pena. Moita. Non sei que te empurra a usar ese nome, pero dende logo, ánimo. Seguro que podes ser mellor persoa algún día se o tentas. Xa che dixen antes que ata tes no grupo que dis defender exemplos éticos que te poden guiar. Non te conformes con ser tan mesquiño...

7 Kollona é Kollón

Pero non sexas patético, que todos sabemos quén és. É lamentábel que te fagas pasar por muller, e empregues algo tan serio coma o feminismo, para trolear.

8 Kollontai luguesa

Con todos os respectos, dubido moito que saibas quen son e si son muller. Seguide así que ao mellor lle chegan a Villares e o seu grupo parlamentario as miñas queixas polo trato degradante e machista que me estades a dar por disentir das vosas opinións. E quizais non só ao grupo de Villares. É inadmisible que esteades ou esteas insultando dunha maneira tan vulgar e machista a unha muller que só quere dar a súa opinión.

1 Rir por non chorar

Estamos co de sempre. Somos un pobo ridículo.