Arrinca nas Pontes (A Coruña) a I Edición da Volta a España en vehículo eléctrico que organiza Endesa

Un traballador da central térmica conduciu un BMW i3 ata a cidade de Lugo

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2017 | Actualizada ás 18:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As inmediacións da central térmica que Endesa ten nas Pontes (A Coruña) foi o escenario no que se iniciou este mércores a I Edición da Volta a España en vehículo eléctrico, organizada pola compañía eléctrica coa colaboración de seis fabricantes de vehículos que dispoñen na súa gama de automóbiles eléctricos.

Endesa celebrará a Primeira Volta Eléctrica a España
Endesa celebrará a Primeira Volta Eléctrica a España | Fonte: Europa Press

Precisamente foi un empregado do centro de traballo pontés, Francisco Javier Paz, o que conduciu un BMW-i3 durante a primeira das etapas, entre As Pontes e Lugo, de 76 quilómetros de percorrido e que transcorreu por estradas da provincia da Coruña e Lugo, cidade á que chegou ao mediodía, tras transitar tanto por autovía como por viais autonómicos.

O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quixo estar presente nesta saída, onde estivo acompañado polo director xeral de Endesa Noroeste, Miguel Temboury, que asegurou que esta iniciativa "busca a promoción do vehículo eléctrico".

PERCORRIDO POR TODA ESPAÑA

A primeira edición desta iniciativa vai posibilitar que empregados de toda España percorran case 2.000 quilómetros e atravesen ata 19 provincias, onde ademais do piloto en cada vehículo viaxará un copiloto que se encargará de "divulgar en clave de humor a mobilidade sustentable dunha maneira amable e próxima". Coa presenza de varias cámaras no habitáculo, os vídeos difundiranse tanto na web oficial da iniciativa, www.vueltaenvehiculoelectrico.endesa.com, como a través das redes sociais.

Endesa conta co apoio de seis fabricantes de vehículos, BMW, Nissan, Kia, Renault, Smart e Volkswagen, que son os encargados de prestar os diferentes modelos para esta iniciativa, que finalizará en Madrid, o 11 de xuño, no Paseo do Prado, cunha xornada lúdica.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta