A Subdelegación do Goberno ve "proporcionada" a carga policial en Santiago

Asegura que a protesta polo peche do centro social ocupado Escárnio e Maldizer “non estaba autorizada” e asegura que os policías actuaron logo do lanzamento de “botellas e outros obxectos”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/05/2017 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

A Subdelegación do Goberno na Coruña considera "proporcionada e adecuada" a resposta policial na tarde-noite do martes debido a unha protesta "non autorizada" convocada en Santiago de Compostela a raíz do desaloxo e tapiado por orde xudicial dun local okupa no centro histórico.

Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez
Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez | Fonte: galizacontrainfo

Deste xeito, fontes da Subdelegación do Goberno sinalaron a Europa Press que a resposta foi "proporcionada e adecuada en resposta á grave alteración" da orde pública "con perigo" para bens polo "lanzamento de botellas e outros obxectos". Respecto diso, as mesmas fontes destacaron que non fora comunicada a convocatoria da manifestación en Santiago ás autoridades pertinentes e, por tanto, non estaba autorizada.

Na protesta, celebrada a partir das 20,00 horas do martes, e segundo informan fontes do Goberno central, resultaron feridos seis axentes policiais, un manifestante foi detido por desordes públicas e atentado contra axente, e rexistráronse diversos danos en dous caixeiros, mobiliario urbano público e privado, así como en material policial --en furgóns e a dotación individual dalgúns policías--.

A protesta, na que houbo lanzamento de pelotas de goma e cargas, produciuse despois de que na mañá do martes a Policía Nacional procedese a cumprir unha orde xudicial de desaloxo e tapiado de edificio 'ocupado' na Algalia de Arriba, no centro histórico de Santiago, utilizado como centro social autogestionado.

Por mor desa medida produciuse durante a mañá un enfrontamento entre axentes e membros do colectivo okupa que finalizou coa identificación de dúas persoas. Posteriormente, convocouse unha protesta ás 20,00 horas do martes na que participaron 500 persoas e na que tiveron lugar cargas policiais, lanzamentos de pelotas de goma e de bengalas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 galegoexiliado

Non era unha manifestación non autorizada. Era un acto cultural, unha performans perfectamente apoiada polas autoridades pa publicitar a Santiago dos Perroflautas nas teles de toda Expaña. Mágoa que ahora estos artistas van deixar Santiago dos Perroflautas e irse a vivir a unha vivenda de Teo cedida polo alcalde de Santiago.

5 ALCALDE CUCURUCHO

os da alcaldía de podreiros solidarizaronse, si solidarizaronse co mobiliario urbano, a polizonteria, a política municipalista e demais contubernios o señorito da "pucha" sin aparecer... onde están as verbas incendiarias da -vieiras podreira, xa sabíamos todo que era conto chino-podreiro -> Compostela Aberta manifesta o seu profundo rexeitamento ante todo tipo de violencias así como os inadmisibles danos ao mobiliario urbano, locais comerciais e patrimonio da cidade. É intolerable que unha manifestación en apoio da defensa de espazos sociais e culturais sexa aproveitada para iniciar unha batalla campal. Cómpre unha reflexión de todas as persoas, colectivos e forzas implicadas porque este tipo de accións só valen para alimentar o discurso represivo.

4 alcade da a cara!!!

o que dixo o gobernó do golfiño merendiño no comunicado de prensa de santi-age de componendas e vergonzoso e un.ha autentica labazada a democracia e o pobo ... PODREIROS ESTA TRAIZOANDO A GALIZA.... - trolles e demais invitados do gobernó podreiro a latricar en 5,4,3...2,1,0...

3 LEÑALMONO

Totalmente desproporcionada fue la acción policial. Deberían haber dado mucha más estopa y detener a los indeseables que no respetan la ley ni la propiedad privada.

2 A. X. del Caño -Avogado-

Ya lo dijo Gobels o Goering o el mismo Hitler, o cualquiera de sus secuaces (por cierto ahorcados justamente o fusilados al final de la contienda -que ellos mismitos iniciaron-) repite una mentira mil veces y se convertirá en verdad......o al menos eso se creen ellos!!! Desde Casas viejas hasta aquí la misma tergiversación, nunca es la policía.....si hasta hubo un tiempo en que los estudiantes y obreros volaban por los cielos de nuestras ciudades y caían como moscas por disparos policiales al aire...... (escrito en castelán para entendemento dos delegados, subdelegados ou calquer outros legados do Goberno Español)