MADRID | 12/06/2017 | Actualizada ás 10:40 por EUROPA PRESS
Zara Home, a insignia do Grupo Inditex especializada en artigos para vestir e decorar a casa, impulsa a súa presenza en España coa apertura dunha nova tenda no centro comercial As Cancelas de Santiago de Compostela.
En concreto, o novo espazo terá unha superficie de 500 metros cadrados nos que estarán dispoñibles todas as coleccións da marca, incluíndo a liña para nenos Zara Home Kids, segundo informou o centro comercial nun comunicado.
A nova tenda conta cun deseño innovador, en liña co estilo actual da marca, que presenta un concepto vangardista e elegante que convive coa simplicidade e o respecto pola natureza dos materiais utilizados.
Zara Home, que conta con 550 tendas que están repartidas en 70 mercados internacionais, dispón actualmente en España ao redor de 150 puntos de venda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.