O BNG sobre o proceso catalán: “Galiza non pode ficar ausente no novo escenario político”

O Bloque Nacionalista Galego fai público un comunicado de apoio ao referendo independentista en Cataluña e acusa ao Goberno español dunha "escalada represiva".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/06/2017 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou facer público este xoves un comunicado de apoio á consulta vinculante que o Goberno catalán vén de convocar. No texto, a fronte nacionalista galega expresa a súa posición ante este novo escenario que se abre no Estado e no que, din, "Galiza non pode ficar ausente".  

Manifestación a favor da independencia en Cataluña.
Manifestación a favor da independencia en Cataluña.

O BNG considera "un principio fundamental e imprescindíbel" a consulta ao pobo nunha sociedade democrática, así como "un dereito clave para todas as nacións do mundo" a posibilidade da autodeterminación.

A fronte tamén lamenta a oposición do Goberno español a esta consulta e a "escalada represiva" que, segundo o BNG, se está a producir co enxuizamento de diversos cargos políticos cataláns.

Neste contexto, o BNG considera que "se abre un novo escenario político no Estado no que Galiza non pode estar ausente", xa que "o modelo do Estado das autonomías é un modelo fracaso e debemos dar pasos firmes para superalo, abrindo unha nova etapa que nos dote dun novo marco que permita mellorar a vida dos galegos e das galegas e progresar como pobo".

COMUNICADO DO BNG 

Ante o anuncio do presidente da Generalitat de Catalunya, da convocatoria dunha consulta vinculante para o vindeiro 1 de outubro, o Bloque Nacionalista Galego quere manifestar:

  1. Para o BNG, a posibilidade de expresar e materializar as distintas opinións políticas é un principio fundamental e imprescindíbel en calquera sociedade democrática, e a autodeterminación un dereito clave para todos as nacións do mundo, segundo o recoñecido –entre outras- na Declaración Internacional dos Dereitos Humanos e dos Pobos. Neste sentido, entendemos que nunha situación na que a maioría da sociedade catalá quere votar para decidir o seu futuro ningún demócrata se pode opor a que se lle consulte ao pobo e se acaten os resultados. En congruencia con este principio, o BNG apoia a celebración da consulta convocada polo Goberno da Generalitat para o vindeiro 1 de outubro en Cataluña. 
     
  2. Lamentamos que o Goberno español se negase en banda a acordar un referendo pactado e vinculante como se teñen realizado en Escocia ou no Quebec. As principais institucións catalás, así como diversas organizacións representativas da sociedade civil, intentaron todas as vías posíbeis para cumprir co mandato de consultar ao pobo de Catalunya a través dun referendo de autodeterminación acordado, efectivo e vinculante. Porén, o Goberno de Rajoy non só respondeu con reiteradas negativas e menosprezos ás institucións e á sociedade catalá, senón que desencadeou unha escalada represiva que pasou por riba de calquera hipotética separación de poderes e chegou até o enxuizamento de diversos cargos políticos, entre eles a presidenta e membros da Mesa do Parlamento, por autorizar votacións nesa cámara.
     
  3. O BNG reafirma e reitera a súa solidariedade coa sociedade catalá, coas forzas políticas que reclaman unha ruptura popular e un proceso constituínte, e coas institucións catalás atacadas e ameazadas polo Goberno español en base a nosa inquebrantábel defensa da democracia e o do dereito de todos os pobos do mundo a decidir libremente o seu futuro.
     
  4. Para o BNG, ábrese un novo escenario político no Estado no que Galiza non pode estar ausente. O modelo do Estado das autonomías é un modelo fracaso e debemos dar pasos firmes para superalo, abrindo unha nova etapa que nos dote dun novo marco que permita mellorar a vida dos galegos e das galegas e progresar como pobo. O BNG, sabendo que cada pobo ten as súas realidades e so seus propios ritmos, comprométese a traballar activamente para lograr que Galiza sexa tamén protagonista na superación do actual marco autonómico e na consecución dun novo estatus político para Galiza, baseado no exercicio de poder político real, soberanía que nos permita aos galegos e galegas decidir libremente o noso futuro e comezar a reverter as consecuencias políticas, económicas, sociais, culturais e lingüísticas negativas que tivo para o noso país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

9 Danilov

La voluntad democrática de los gallegos fue excluir al BNG del Congreso de los Diputados, aunque Mexuto, Pontona y demás siguen sin enterarse ni darse por aludidos. Aunque claro, todos ellos siguen viviendo del chiringuito.

1 Todomira da Frouseira

Outro argumentador ninista de haltura... Ai que país! E a vontade democrática dos galegos que elixiran alcaldes coas siglas do bloque que se pasaron a xa non me acordo como se chamaba aquela formación... Xa van tantas. E a vontade democrática dos galegos que queriamos unha Galicia distinta e vimos a terrible pinza dos de Galiza non se vende, a dereita e certos medios. Medra, ho... Este mundo éche duro. Inda non cho dixeron?

2 comunista independentista

Galiza Non Se Vende existíu porque os teus xefes do BNG/UPG estaban a vender Galiza por cachos. Deixade de ser covardes e asumide os vosos erros.

8 Todomira da Frouseira

Porque ao final, en que remata todo: cos nacionalistas galegos fóra do Parlamento español nun momento crucial... Quizais diso só se trataba. De todos os xeitos, aínda podedes facer algo... Non sei, deixar de miñaxoiar por aí adiante, é que estou farta de galegos da progresía galega laiándose a todas horas: os medios non nos tratan ben, somos os mellores e todos os que non non entenden pérfidos e escuros... A ver, non vos laiedes tanto e traballade algo ou polo menos divertídenos con alguén mediático. Dende que se foi Beiras estamos aburridos queridos ninistas do altermundo sideral. Ai, non, agora seica descubriron unha nova lideresa en Madrid... En fin, o dito, encántanos ser rexión... Non lle deamos máis voltas. Ata os supostos nacionalistas galegos andan polas redes a gabar as lideresas madrileñas lanzadas polos medios ao estrelato... Coma diría miña nai, se foran rozar o monte en lugar de tanto internete máis se gañaba... Que vos vaia ben!

7 Todomira da Frouseira

E a maioría de vós en saineteros rexionais. Pero así e todo eu non querería ser vós, mirarme no espello e saber cada mañá que contribuín a esmagar o soño que empezou con Faraldo e os Provincialistas... Non, eu non querería ser vós. Pero volvamos á actualidade: e Podemos en que queda? Nunha nova IU nos seus momentos de gloria mentres que o nacionalismo galego está moi fortemente golpeado. Que exitazo... Claro, que vos ides decatar vós do que é un exitazo ou non cando moitos dos vosos simpatizantes nin sequera se decatan de que os tempos mediáticos cambiaron e o home do momento ten un nome que empeza por P... Non é Pablo, que mágoa! Non vou parar de chorar...

1 Kollontai xemelga da Todomira

As veces a colega Todomira é un chisco enleada coa verborrea e os borregos poden despistarse. Explico logo, para que poidan seguir o carreiro certo. Nós, os Auténticos Nacionalistas Galegos, os do Benegá, apostamos de xeito claro, explícito e rotundo por Pedro Sanchez. E polo Partido Socialista Obrero Español como forza que vai liderar a Esquerda, o Progreso e a Democracia en España. Logrado o primordial, a recuperación do BNG está cantada, pois o PSOE garante a loita contra a corrupción e as portas xiratórias (Modelo Andaluz, Felipe X dos Gal, Filesa, Elena Salgado...), o recoñecemento da Nazón Galega na confederación Ibérica (en Catalunya están polo dereito a desistir), do noso idioma (desde Paco Vázquez a Caballero, seguindo as ensinanzas de García Sabell)... Aclarado, máns aos petos!

2 Todomira Kollontai

Ti debes de ter problemas de comprensión lectora. Os que apostan polo PSOE son os teus... O cal é comprensible... http://www.europapress.es/nacional/... Proe que o home do momento teña un nome que empeza por P e non sexa Pablo ou é o fracasiño (relativo, ho, seguro que para ti hai un premio) da confluencia sideral altermundista??? Ai, que aburrimento. Mira neno, eu só quero ter educación, sanidade, política agraria acorde coas peculiaridades do país... Un proxecto de país. A ver, o que vós non sodes capaces de facer porque non alcanzades nin a telo para as cidades nas que gobernades.

3 Todomira Kollontai

Eu sonche unha persoa galaica normaliña que aspira a ir tirando e a que os máis novos non teñan que coller a maleta coma meu pai e meu avó para emigrar. Así que ciao! Déixoche para ti as confluencias siderais que eu sonche xa vella e caín do guindo... Por certo, xa non tedes coma heroe a Varoufakis? Polo menos era un home "xeitoso" que din na miña terra e tamén fala e escribe tan ben... Ai...

4 Hai servidume!

Kollonísssima, xa sabemos a quen serves: beeeeeeneguai sucursal do Partido socios na lista Español. Pola contra, mágoa dicircho, andas mal de cheiro: os meus non os coñeces ti, non acertas, cospes para riba e botas fume. Eu rio das servidumes! Píllalo? En fin, a ti vai salvarte de emigrar o PSOE, o sistémico partido cun líder como Pedro Sánchez que primeiro se ofereceu a Raxoi para un goberno de concertación, e como non o quixeron foi falar con Ciudadanos. Agora vén trolear coa moto de Varoufakis, a bíblia de Maduro, o cavalo de Gaddafi, as cópulas de Pablo Iglesias ou o piano do Beiras... Desventurados os que precisades santos salvadores!

5 Todomira Kollontai

Cando medres falamos. Ciao, "ridor das servidumes". Agora que vendes discursos libertarios? Ja, ja............... Ti o que es é un trolliño de cuarta carente de argumentos. Dasme mágoa, así que che aforro ter que poñer as neuronas a funcionar... Que vai calor. Que biba la birra fría y la... Ponlle o que queiras. Mi madriña, que peniña de ninistas que pensan que están de volta de todo e seguro que viven moi ben ou aspiran mentres os rapaces e as rapazas traballadores sofren unha brutal precarización. E aturar as ínfulas de esquerdas destes que non saben nin que esta palabra se escribe sen h.

6 O Freire

Ilustrisima Kollontai Todomira Multinick, seica te pillaron coas calzas baixadas? Ben sabes que os rapaces precarios son o resultado do sistema que o teu PPSOE criou e manten, en colaboracion do estimado BNGuai, cando fai falla apoiar a cambio de calderilla (agora mesmo a limpa e familiar Carmela Silva ou ao apadriñado Formoso, como antes fixo con Orozco, Caballero, ZP ou Magdalena Alvarez). Ti si es parte do problema. Se cadra precisas adelgazar, repartir mais... Outro dia faloche de decrecemento, de poñer a dieta @s mamadurrias do BNGuai. Baixa da burra, o teu discurso semella anticualla de feirante, e aqui as raposas son cazadas. Xa sabes, vai pola sombra...

6 Todomira da Frouseira

Vós os que empezastes coa demolición do bloque dende moito antes que chegara o famoso congreso, vós, os escuros, onde andades? As hemerotecas están aí para quen queira pescudar en como foi o voso... Eu en canto oín falar da nova ORGA empecei a tremer... Despois, xa empecei a rir, porque é ben certo que coma escribiu Marx a historia repítese e no voso caso non alcanza nin para farsa senón que queda en sainete rexional ou provincial.

5 Todomira da Frouseira

Cando toque reforma do estado todos os que estades aquí hopinando volvedes a dar a vosa "hopinión" tan ben informada e tan nesgada. O certo é que a confluencia sideral dos seica noutrora nacionalistas das Mareas rematou coas posibilidades de ter un grupo nacionalista galego no Congreso. Un pode estar de acordo ou non co nacionalismo galego, pode ser nacionalista español ou o que lle pete... O que é o colmo da incoherencia e chamarse nacionalista galego e ter perpretado o que perpretastes... A historia non vos absolverá porque ao fin xa todo o dixo un romano... Imaxino que xa sabedes de quen falo, non? Vós tan listos, intelectuais, galeguistas, opinadores de cafetería, eternas promesas da vacuidade total... Recomendo que pensedes seriamente os que tedes capacidade na miña primeira afirmación... Sexades nacionalistas galegos ou non, creo que coma vós galegos seredes espelidos e pragmáticos... Xa sabedes "A vaquiña polo que vale". Pensádeo cando votedes.