GC retira o artigo de Carlos Aymerich

Galicia Confidencial decidiu retirar o artigo do deputado Carlos Aymerich logo de que el mesmo pedira a súa supresión.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/07/2010 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

"Veño de ver publicado na súa páxina un artigo da miña autoría sen eu ter dado autorización ningunha. Rogaría que o retirasen. Obrigado". Con esta escueta mensaxe, o voceiro parlamentario nacionalista dirixiuse a GC para pedir que a súa colaboración fora retirada.

GC colleu o seu artigo da páxina de +Galiza, tal e como especificamos no propio perfil do político. Sen embargo, e tal e como figura no aviso legal da páxina web de +G, e a petición do propio autor, decidimos retiralo. Ademais, pedimoslle desculpas por se lle temos causado algún problema.

Aviso legal


"Máis Galiza non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato. O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación". Así aparece no aviso legal da súa páxina web. Un aviso que GC fai estensivo a outras redes sociais, blogs e medios por se están tentados de reproducir os seus contidos sen contar co visto e prace dos autores.

None

Censuras

É a primeira vez que GC retira un artigo a petición do articulista. Ata o momento, e agas o caso de Aymerich, só un dos nosos colaboradores decidiu non continuar cos seus artigos semanais en GC, pero por motivos moi diferentes aos do político de Máis Galiza. Nese caso debeuse a fortes presións por parte do Xacobeo o que fixo inviable a súa colaboración con nós a pesar da súa boa vontade.

En todo caso, GC seguirá tentando reflexar a pluralidade política e social deste país tal e como ven facendo ata o de agora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

15 pursuit

O que mais extrana e a reaccion tan benevola de GC, se fora un articulo dun do PP ou mesmo do PSOE, seguro que reaccionarian en cólera. Pero o tratarse de Aymerich todo esta ben feito, Viva a democracia

1 santi

Pues yo pienso que ya hay mala ostia en hacerlo público. ¿No crees?. O ahora me vas a decir que es "benevolo" que se haga público esto

14 pejigo

Que tipo de acordo ten GC cos seus colaboradores? Ten asinado un número de colaboracións semanais ou mensuais? Pode reproducir calquera arquivo que atope deles pola rede?

1 Pedro

Boas preguntas tamén

13 gelo

Aymerich tem todo o direito de atuar assim. A impressom que me dá é algo negativa, talvez desagradável, mas isso é outra questom. Por que fijo isso e dessa maneira? Só cabem suposições e com isso nom se amanha muito. Se eu pertencer a umha organizaçom do BNG nom ia gostar que retirassem artigos da web da organizaçom para a imprensa sem permissom. Talvez sou repunantinho, mas é o que penso. Outra cousa é como reagir, é claro. Opiniom dum leigo.

12 Teki

Pois como dim por aí abaixo, eu tamém quixera saber o porqué desa decisióm

11 saña

Propoño que Galicia Confidencial, lle dea un postiño, inda que sexa ben pagao, ao sr. Gamela, xa que como colaborador e escribinte de ouido, non ten prezo,

1 Competensia

Ei ei ei, un respeto que eiqui os postinhos reparteos Baltar ou a UPG

2 Gamela

Moi recoñecido pola proposta, pero grazas... non vaia a ser que se me suba o cargho á cabesa... e faga o mesmo que Berto na Chuza: só podan escribir os que pensan o mesmiño ca él... Se fora posible pasarlle o cargho ao Aymerich penso que farían unha BOA PARELLA DE CENSORES !!!

3 outromais

#Gamela. plas, plas, plas....