GC retira o artigo de Carlos Aymerich

Galicia Confidencial decidiu retirar o artigo do deputado Carlos Aymerich logo de que el mesmo pedira a súa supresión.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/07/2010 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

"Veño de ver publicado na súa páxina un artigo da miña autoría sen eu ter dado autorización ningunha. Rogaría que o retirasen. Obrigado". Con esta escueta mensaxe, o voceiro parlamentario nacionalista dirixiuse a GC para pedir que a súa colaboración fora retirada.

GC colleu o seu artigo da páxina de +Galiza, tal e como especificamos no propio perfil do político. Sen embargo, e tal e como figura no aviso legal da páxina web de +G, e a petición do propio autor, decidimos retiralo. Ademais, pedimoslle desculpas por se lle temos causado algún problema.

Aviso legal


"Máis Galiza non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato. O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación". Así aparece no aviso legal da súa páxina web. Un aviso que GC fai estensivo a outras redes sociais, blogs e medios por se están tentados de reproducir os seus contidos sen contar co visto e prace dos autores.

None

Censuras

É a primeira vez que GC retira un artigo a petición do articulista. Ata o momento, e agas o caso de Aymerich, só un dos nosos colaboradores decidiu non continuar cos seus artigos semanais en GC, pero por motivos moi diferentes aos do político de Máis Galiza. Nese caso debeuse a fortes presións por parte do Xacobeo o que fixo inviable a súa colaboración con nós a pesar da súa boa vontade.

En todo caso, GC seguirá tentando reflexar a pluralidade política e social deste país tal e como ven facendo ata o de agora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

10 denigre

Sen pecado concibido. Amén. Ora por Bloquix. Nótase tanto, Calriños, que és un recén chegado que atufas, pero moito.

9 Interné

Carliños, en http://maisgalizadiaspora.blogspot.... tamén sae o teu artigo! E incluso en Google buscando o teu artigo tamén o teñen 'secuestrado' na súa caché http://webcache.googleusercontent.c...+Carlos+Aymerich+%22patria+para+todos+e+todas%22&cd=7&hl=es&ct=clnk&gl=es Chámaos e pidelles que o borren, por Deus!! Un respeto para os artigos de Carlos que so se poden ler en maisgaliza!!

1 Xosé Collarte

Non sei, é todo moi estraño. É moi coñecido que Ana Luísa Bouza, a que dirixe a web de Máis Galiza, evita (no facebook) apoiar as novas do blog de Máis Galiza Diáspora. Todo o mundo sabe que algunga xente da UPG non se relaciona cos das correntes contraris...pero é que a Bouza é de Máis Galiza. Rivalidade?. Non, según moita xente que sabe do asunto é porque é....soberbia e non pode mesturarse con emigrantes.

8 José R.S.

Lástima señor aymerich. Y parecía usted un político serio. No entiendo porque manda retirar un artículo aunque no cuente con el permiso adecuado. No sé. No me parece serio, sobre todo si ya ha sido publicado en la web de su formación política.

7 Pedro

A min o que me gustaría saber é cal foi o colaborador do que tivo que prescindier GC por "fortes presións" do Xacobeo. Esa sí que é unha noticia, e un medio como GC non debería tirar a pedra e esconder a man do nome de ese colaborador e do tipo de "presións" do Xacobeo.

1 Gamela

Todo ao seu tempo... o primeiro é o primeiro Pedro. ¿Un Deputado do BNG fai retirar da rede o seu propio discursos dirixido seica a tódolos galegos e galegas? ESO SÍ QUE É PARA NOTA SR.AYMERICH (lástima que non haxa 'mocións de censura individuais' no Parlamentiño, cando alguén fai algo semellante ocupando un CARGO PÚBLICO merece a reprobación fulmitante dos seus representados (se é que os ten, claro!)

2 Holmes

Interesante Pedro, podemos tratar de averigualo... ¿Que articulista está vencellado ao Xacobeo? http://www.galiciaconfidencial.com/...

3 Pedro

Pois non teño nin idea.

4 Watson

Paco Rodríguez, o único contemporáneo do apostolo e de Fidel...

5 Vikingo

Hahahaha! Elementar meu caro Watson!

6 Gamela

A mensaxe anterior ía dirixida ao ínclito político da cunquiña Aymerich que seica defende unha Patria para todos e todas (os que sigan calando a boca e miren para outro lado!) Este comentario vai dirixido a GC para aclarar unha cousiña: quere dicir que tódolos persoeiros que figuran na sección OPINIÓN non deron o seu consentimento EXPRESO para a reproducción dos seus artigos en GC? http://www.galiciaconfidencial.com/... Se fora así comprendería que o PREGÓN do Aymerich fose retirado pois seica non lle pagades ningún Plus de Alto Político disposto a facer bolos no verán (mesmo negociando co día da Pátria!). Gostaríame saber como funciona GC para establecer os seus COLABORADORES... pois xa vexo que o próximo en abandoar o espazo público será Paco Rodríguez mañán mesmo... jajaja SAUDOS!