GC retira o artigo de Carlos Aymerich

Galicia Confidencial decidiu retirar o artigo do deputado Carlos Aymerich logo de que el mesmo pedira a súa supresión.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/07/2010 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

"Veño de ver publicado na súa páxina un artigo da miña autoría sen eu ter dado autorización ningunha. Rogaría que o retirasen. Obrigado". Con esta escueta mensaxe, o voceiro parlamentario nacionalista dirixiuse a GC para pedir que a súa colaboración fora retirada.

GC colleu o seu artigo da páxina de +Galiza, tal e como especificamos no propio perfil do político. Sen embargo, e tal e como figura no aviso legal da páxina web de +G, e a petición do propio autor, decidimos retiralo. Ademais, pedimoslle desculpas por se lle temos causado algún problema.

Aviso legal


"Máis Galiza non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato. O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación". Así aparece no aviso legal da súa páxina web. Un aviso que GC fai estensivo a outras redes sociais, blogs e medios por se están tentados de reproducir os seus contidos sen contar co visto e prace dos autores.

None

Censuras

É a primeira vez que GC retira un artigo a petición do articulista. Ata o momento, e agas o caso de Aymerich, só un dos nosos colaboradores decidiu non continuar cos seus artigos semanais en GC, pero por motivos moi diferentes aos do político de Máis Galiza. Nese caso debeuse a fortes presións por parte do Xacobeo o que fixo inviable a súa colaboración con nós a pesar da súa boa vontade.

En todo caso, GC seguirá tentando reflexar a pluralidade política e social deste país tal e como ven facendo ata o de agora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

5 Gamela

Ufff xa é insoportable tanto mirarse o embigo !!! Eu fun dos que fixo COMENTARIOS SUSTANCIOSOS baixo o artigo do Deputado disque respresentante dos galegos e galegas... e vexo como en +G é imposible comentar NADA! Será ese o final de +Galiza? PONTIFICAR dende o Parlamentiño (sen revisar nin o Plus de Altos Cargos, sen deixar que a NACIÓN se exprese, sen siquera unha palabra sobre o peche de VIEIROS ou ao mellor o que lle doeu máis foi a referencia ao seu patrón Jacinto Rey...?) TODO PODE SER PERO TOMAMOS NOTA do 'talante' democrático de +G e do seu adiantado nos territorios da CENSURA e CONTROL da INFORMACIÓN. Xa sabemos que PSOE-PP pactaron o silencio mesmo nas TVs Privadas pero non sabiamos que nesta Terra nin siquera con +GALIZA teremos oportunidade de FALAR! Obrigado por nada, señoritango, que siga a desfrutar das vacacións que PAGAMOS ENTRE TODOS !!! Que triste é vivir así...!!!

1 gelo

@Gamela faiteunbló

4 Manoel

Eu non acabo de entender o tema. Coido que está moi mal explicado o asunto neste artigo. Por unha banda fálase de reprodución de contidos e por outra de ligazóns a contidos externos. Non é para nada o mesmo.

1 Gamela

Certamente eu tamén quixera saber máis sobre o tema. Pois entendo que GC podería 'enlazar o artigo do Aymerich' coma simple LINK que se atopa na rede, pero seica non pode convertelo en TITULAR PROPIO dentro da web GC? Ou tampouco é así o conto? ¿Acaso non podemos comentar 'libremente' en GC o que o señor Aymerich colga nun portal público dun partido político (tendencia)? AGORA XA SÍ QUE ESTAMOS MELLOR QUE CON FRANCO! PROHIBIDO PROHIBIR SEÑOR DEPUTADO! http://www.maisgaliza.org/index.php... AMÉN !!!

3 artabro

O deste non ten nome. Como di Elisa, que mal lle facía?. Pero non, el quere estar sempre por riba do ben e do mal. En fin, así vai o país e así nos vai en +G

1 amalia

Xa somos dous os que pensamos o mesmo. O carácter que ten Carlos é un dos seus principais problemas. Así non vai chegar a ningures

2 Elisa

Eu xa non entendo nada... Que mal lle facía?

1 Ramón

Pois é unha mágoa. Paréceme moi desafortunada a decisión de Aymerich e máis tendo en conta a difícil situación na que están sumidos os medios de comunicación en galego. Despois queixarémonos de que pechan os xornais... Cómo non van desaparecer se os que deberían apoialos e defendelos lle dan as costas. Mágoa de país.

1 undetal

Ramón, un xornal é quen encarga artigos e paga por eles, non quen replica cousas que están en outras webs

2 undecual

undetal: ¿todolos xornais que teñan artículos que se atopen noutras webs deixan de ser xornais? ... Recordolle que todos sacan moitas das súas informacións da web aínda que algúns abusan e non as mencionan. ¿Facemos unha lista de artigos publicados en diferentes medios simultaneamente?