Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2017 | Actualizada ás 14:34
A galegas Bala tocarán este sábado 22 de xullo na quinta edición do Woodrock Festival 2017, en Figueira da Foz (Portugal), xunto a grupos como os ingleses Vodun, Mão Morta, Her Name was Fire e Mr. Mollo.
A cita en Figueira da Foz arrinca xa o xoves 20 coa banda rusa The Legendary Flower Punk, os alemáns TAU e Desert Mammooth. O venres 21 será a quenda dos suízos Black Willows, Correia, Mr. Miyagi, Lâmina, os andaluces Oddhums e Duvida 413.
O abono para o tres días custa 24 euros desde o pasado 1 de xullo. Mentres, a entrada parcial, para venres e sábado, véndese a 22 euros.
O festival conta con acampada gratuíta no parque de Praia de Quiaios, a 100 metros do areal e con acceso directo ao recinto. Tamén estará dispoñible para os asistentes unha piscina a 2,50 euros. As bebidas e comidas, segundo anuncia a organización, terán prezos 'low cost'.
Bala é o proxecto de Ánxela Baltar e Violeta Mosquera, que acaban de publicar o seu segundo álbum, 'Lume'. Con el iniciaron en Ourense unha xira que lles levou por Xapón (a finais de abril) e Australia (a principios de maio).
Pouco despois tocaron en Madrid e xa de regreso en Galicia formaron parte do cartel de festivais como o Facela e o Resurrection Fest, ambos en Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.