Temas: BOMBEIRO CANGAS

Os bombeiros do Morrazo non poden usar o seu camión de primeira intervención para as emerxencias

Traballadores piden o cese de MATINSA por “facer negocio” cos incendios e por non arranxar correctamente os seus vehículos.

Por Galicia Confidencial | Cangas | 03/09/2017 | Actualizada ás 23:10

Comparte esta noticia

Durante o derradeiro fin de semana de agosto , operación retorno incluida, os Bombeiros do Morrazo non poden atender o servizo de emerxencias co seu camión de primeira intervención. O vehículo con material valorado en máis de 300.000 euros deuse de baixa para o servizo o pasado 1 de setembro tras quedar sen pastillas de freo.

Un camión de bombeiros na Coruña
Un camión de bombeiros na Coruña

Esta deficiencia do camión leva sendo detectada polos traballadores fai máis de dous meses. Foi entón cando alertaron do perigo dun vehículo de máis de 12.000Kg sen estar en condicións óptimas. Reflexado o erro dos freos nos check list e libros de rexistro de servizo, os traballadores transmitiron a preocupación pola seguridade dos condutores e demais usuarios da vía publica á empresa concesionaria MATINSA.

Segundo apuntan os traballadores nun comunicado, esta empresa non trasladou o vehículo o taller ata o pasado venres. Os mecánicos fan ver  a súa preocupación polo estado dos freos e aseguran que o taller non esta equipado para ese tipo de reparacións. MATINSA decide, entón, que o estar no ultimo venres de agosto é imposible a reparación do vehículo ata a vindeira semana.

Como solución, envía dende o parque de Ribadumia un camión de substitución. Este camión chega as instalacións dos bombeiros do Morrazo as 18:00 pese a estar alertada a empresa mantedora que foi modificado o cinto de seguridade do condutor estando non operativo o serlle retirado o pretensor.

“Facer negocio”

“Esto significa que o vehículo de primeira intervención con material valorado en máis de 300.000€ no pode atender os máis de 100.000 habitantes que residen no Morrazo”, denuncian os traballadores.” Esta eiva do servizo non se pode cuantificar en cartos para atención dos veciños só se pode cuantificar o aforro que enche as arcas dunha empresa que dirixe as emerxencias de Pontevedra dende un despacho en Madrid”, engade. 

Parque de bombeiros comarcal de Deza Tabeirós
Parque de bombeiros comarcal de Deza Tabeirós

Por iso, denuncian que MATINSA “intenta facer negocio agora ca xestión de incendios e emerxencias” na provincia de Pontevedra. Dende o comité de empresa valoran os feitos ocorridos como “moi graves”. “A pésima ou nula xestión de Matinsa pon en perigo a seguridade ós traballadores e veciños que son estes os que pagan polo servizo”, sinalan. Neste sentido, piden ó xerente do consorcio contraincendios e salvamento da provincia de Pontevedra, Roberto Correa,  que exixa responsabilidades a empresa e vele polo servizo os veciños de  Bueu, Cangas, Moaña, Marín ,Vilaboa, Pontecaldelas e Soutomaior.   

Temas: BOMBEIRO CANGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta