Temas: SALVATERRA

Buscan voluntarios para limpar o río Tea en Salvaterra a vindeira fin de semana

A asociación Lazoiro organizará un ano máis a V Xornadas de Conservación do Río Tea en Salvaterra.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 18/09/2017 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O domingo 24 de setembro terá lugar a V limpeza do río Tea en Salvaterra de Miño, unha iniciativa promovida pola asociación Lazoiro dentro do Proxecto Ríos que organiza a asociación ecoloxista ADEGA.

Unha das xornadas anteriores de limpeza do río Tea organizadas por Lazoiro
Unha das xornadas anteriores de limpeza do río Tea organizadas por Lazoiro

 

A limpeza terá lugar dende a desembocadura do río Tea en Salvaterra, até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. O punto de encontro será a ponte da Fillaboa ás 10:00h.  Este ano, ademais da habitual limpeza e inspección do río (análise das augas...) faremos un xantar campestre, onde cada un terá que levar a súa propia comida.

 

Para participar hai que anotarse no teléfono 639249005,  ademais de levar roupa cómoda e luvas. 

Temas: SALVATERRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta