Desaparece un artigo da web de Galicia Hoxe tras protestar a Igrexa

O texto de Fran P. Lorenzo, moi crítico co gasto da Xunta e as colectas nas misas para financiar a próxima visita do Papa a Santiago, aínda se pode consultar grazas a caché de Google. Enlace no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/10/2010 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

O diario Galicia Hoxe publicou este xoves un artigo de opinión de Fran P. Lorenzo crítico coa inminente visita do Papa. O comunicador atacaba os “controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial”.

None

"Insulto despiadado"

Ao día seguinte, o Arcebispado de Santiago deu a coñecer o “seu profundo disgusto” nun comunicado. Os curas argumentan que “a libertad de expresión no es una patente de corso para el insulto despiadado y la manipulación de escasísimo gusto, por otra parte, de una fotografía que por su exceso y zafiedad suscita un rechazo inmediato”.

A "fotografía" á que se refire o Arcebispado é en realidade unha fotomontaxe humorística tamén reproducida nesta noticia por Galicia Confidencial. É a mesma que se pode atopar na contraportada do Galicia Hoxe en papel do xoves, o nde Fran P. Lorenzo publica todas as semanas os seus artigos de opinión.

GC non pode enlazar ao artigo porque este desapareceu da web de Galicia Hoxe tras a protesta dos relixiosos. O texto, que ataca duramente á Igrexa por pedir cartos aos fieis para pagar a visita de Bieito XVI, tampouco figura en “Vai de blog”, a columna semanal deste autor no xornal.

None

Galicia Hoxe é parte da Editorial Compostela, tamén dona de El Correo Gallego, diario con moi bos contactos na cúpula da curia santiaguesa.

Google burla a censura de contidos unha vez publicados

Con todo, “Coma nenos píos con disfrace de mártire” aínda se pode ler gracias a caché de Google.

Google fai copia de todas as páxinas que visitan os robots que alimentan o seu potentísimo buscador. Isto permítelle responder moi rápido ás buscas. De paso tamén permite albiscar que contidos foron borrados ou corrixidos nunha páxina web unha vez publicados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 97 comentarios

31 tiroloco

desde o pasado xoves Fran P. non escribe máis na contra do GH. A empresa negouse a darlle o seu dereito a répilca e el a seguir escribindo sen poder defenderse dos ataques recibidos nos últimos días. A empresa volveu demostrar que non lle interesa o máis mínimo o que lles pase ós seus traballadores. Tendo en conta de que o activo dunha empresa xornalística on os seus xornalistas hai está a catadura moral e empresarial dos responsables do grupo correo.

1 cantareira

Non só non o defenderon, senón que o sacaron á praza pública para que o apedreasen

30 Ferradura

No só retiraron o artigo da web, senón que este xoves Fran P. Lorenzo non escribe na última páxina do xornal como facía cada semana desde hai anos. Seica o arcebispado non ficou contento e pediu a súa cabeza...E semella que o Galicia Hoxe, que pretende pasar por algo diferente ao Correo Gallego, someteuse á vontade da Igrexa e deixou ao seu traballador á mercede da Inquisición. Alguén debéría preguntarlle a este rapaz polo que lle está a pasar.

1 Farruco

En Galicia Hoxe mandan Antón Losada e Beiras. Ou é que nono ledes?

2 ferradura

Coido que tanto Antón Losada como Beiras, logo deste episodio, deberían reflexionar sobre a súa proximidade con este xornal

29 paulo

agradecese valentía, non está nada de moda. Parabéns e forza contra o fundamentalismo antidemocrático católico inquisidor.

1 Manolo

Pues ya sabes, a seguir demostrando la "valentía" con Mahoma. Por cierto, que en el fondo demuestran conocer y amar muy poco Galicia, porque pocos lugares hay entre su patrimonio y tradiciones que no tengan la huella del catolicismo

2 pejigo

tamén en Hiroshima aínda teñen a "huella" dos USA moi fresca("huella" de bota militar)

28 Xosé_Chal_Mont

Non respectando a tódaslas crenzas, tanto políticas coma relixiosas non vamos a ningures, mellor imos a ruina social e convivencial, o que arrastrará ó noso país o caos. Respetemos e esixamos respecto, solo entón teremos razón. A min repugname ese montaxe.

27 Henrique

Dificil comentar esto. Creo que no deberíamos entrar en su juego y darles pie para que digan que somos igual que ellos. La tolerancia y el respeto forma parte de nuestra vida - no en la suya - y es por eso que con mostrar lo que son y como realmente son, ya les sobra. De todas formas, mi enhorabuena Fran.