Recuperando a memoria da lingua

Galicia Confidencial adianta o trailer dun novo documental sobre a historia oral da lingua e a súa percepción social. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/10/2010 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

As Candongas do Quirombo produce este documental sobre a historia da lingua galega contada polos propias protagonistas; as falantes. Tras a realización de máis de 15 entrevistas a persoas de todas as idades, condicións e profesións, esta cinta pretende amosar a evolución do galego como lingua e a percepción que as falantes tiveron e teñen dela.

Entre as entrevistados hai labregas, conserveiras, tendeiras, amas de casa, xubiladas, poetas, profesorado, estudantado ou estranxeiras que viven en Galicia.

As Candongas do Quironbo

As Candongas do Quirombo é un grupo informal formado por Andrea Núñez, Xandra Santos, Lara Rozados, Laura Fernández e Raquel Rei. Cinco mozas galegas que se xuntan baixo este nome para levar a cabo un proxecto de creación dun documental sobre a recuperación da memoria do galego, sobre a memoria da lingua e outras actividades de acción directa en torno ao noso idioma.

Este proxecto conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Nos vindeiros días iremos reproducindo algunhas das entrevistas realizadas para a elaboración deste documental. Con todo, adiantamos xa as realizadas  ao escritor e profesor Sechu Sende que lembra como pasou de ser castelanfalante a galegofalante.


E a do activista norteamericano, Mark Wiersma, que aposta por falar en galego nun mundo que tende a globalización. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Picheleiro

Defensa acctiva do noso idioma porque o galego é o noso medio natural: www.coordinadoraendl.org/galegonatural

2 TRABA

O GALEGO QUE NON FALA NA LINGUA DA SÚA TERRA,NIN SABE O QUE TEN DE SEU,NIN É MERECENTE DELA.

1 Daniel

Ya empezamos con las talibanadas.

2 suso

non é ningunha talibanada, é unha verdade que non todos poden comprender

3 TRABA

DANIEL,TALIBANADAS É NEGARLLE OS NOSOS FILLOS QUE ESTUDEN NA LINGUA PROPIA DE GALICIA.

1 Andamolho

Concordo coa aposta de As Candongas do Quironbo,defensa activa,por todos os lados e cantas veces sexa preciso,con cada iniciatica aumentamos a posibilidade da visuailización desta problematica,esperan os nosos inimigos o noso cansanzo mais somos teimudos e cansaran eles antes,m ben seguro que si.