Bicicletas pola inclusión na comaca de Lemos

A quinta edición da marcha ciclista unificada de Special Olympics Galicia rematará este sábado na cidade do Cabe.

Por X.M. Fernández | Monforte | 06/10/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Monforte de Lemos acolle este sábado a quinta edición da marcha ciclista unificada de Special Olympics Galicia a favor da inclusión social. O inicio da marcha será ás 12:30 horas dende a Praza do Concello de Sober; mentres que o acto de clausura terá como escenario a Praza da Compañía de Monforte, a partir das 14 horas coa entrega de medallas. 

Presentación da marcha ciclista Special Olympics Galicia pola inclusión
Presentación da marcha ciclista Special Olympics Galicia pola inclusión | Fonte: X.M. Fernández

Neste evento deportivo van participar 27 ciclistas con discapacidade intelectual de PRODEME, outros 8 de ASPAS e 3 da Fundación ADCOR. Todos eles estarán acompañados de 8 adestradores así como de ciclistas dos clubes Os do Monte Bravo e CC Torre San Vicente e por voluntarios de Special Olympics Galicia.

"Dende Special Olympics facedes un traballo moi imporante, xa que con actividades coma esta, que cumpre xa cinco edicións, axudades a eliminar os estereotipos que, lamentablemente, aínda existen, e poñedes o voso grao de area para achegar a discapacidade a toda a sociedade”, dixo o rexedor, José Tomé, durante a presentación do acto.

Tamén sinalou que o equipo de Goberno está comprometido co desenvolvemento e coa inclusión das persoas que teñen algún tipo de discapacidade. Proba diso, é a concellería de Sevizos Sociais e Discapacidade posta en marcha dende o seu mandato.

Colaboración do Concello

Desta volta, o Concello de Monforte vai colaborar economicamente cos trofeos e as medallas do evento deportivo. A administración municipal facilitará tamén que a marcha ciclista poida dispoñer dun servizo de ambulancia.

E ademais cederase o pavillón municipal da Pinguela para que os participantes da 5ª Marcha Ciclista Unificada poidan facer uso das duchas.

O domingo, 8 de outubro, a marcha ciclista trasladarase ata Santiago de Compostela, onde participarán 18 ciclistas de PRODEME, 10 de CHAMORRO, 8 de ASPAS, 3 da Fundación ADCOR e un de ASPRONAGA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta