A Mesa e CIG protestan ante o Valedor para esixir a dimisión da "francotiradora" do galego

Denuncian que a institución non actuou ante "ningún" dos "máis de 300 casos" de vulneración de dereitos lingüísticos denunciados pola Mesa ante o seu departamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2017 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

Un grupo de manifestantes, convocados pola Mesa e CIG, protestaron este mércores ante a sede do Valedor do Pobo para reclamar a dimisión da titular da institución, Milagros Otero, por amparar a vulneración dos dereitos lingüísticos dos galegos.

A Mesa e CIG piden a dimisión de Milagros Otero
A Mesa e CIG piden a dimisión de Milagros Otero | Fonte: Europa Press

Diversos representantes de ambas as entidades concentráronse ante a institución portando carteis nos que se lía 'Valedora demisión', apoiados por representantes políticos do BNG como Rubén Cela e Xosé Luís Rivas 'Mini.

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, denunciou diversos exemplos das actuacións de Milagros Otero "desde a súa chegada ao cargo" nos que amparou á Xunta ou a outras entidades públicas en lugar de "protexer" os dereitos cidadáns "vulnerados" pola administración.

Así, denunciou que a institución non actuou ante "ningún" dos "máis de 300 casos" de vulneración de dereitos lingüísticos denunciados pola Mesa ante o seu departamento.Segundo Maceira, Otero comezou actuando en contra da existencia dunha cartilla de vacinación en galego, pedindo á Xunta "que as editase en castelán", e chegou a participar nunha "campaña de acoso" a un centro educativo que colgou un cartel "a favor do galego".

Entre outras situacións, mencionou a recente actuación cos sinais de tráfico de Gondomar, tras unha queixa de Galicia Bilingüe, nas que, ademais de pedir a súa tradución ao castelán, alude a un artigo da Lei de Tránsito para sinalar que a toponimia "ten que estar" neste idioma, a pesar de que a Lei de Normalización Lingüística establece a oficialidade da forma galega.

Un dos casos máis graves sinalados pola Mesa refírese a a súa participación no "abuso de autoridade" contra unha nena de 9 anos que sufriu unha redución da nota por usar a forma 'Galiza' nunha redacción.

"FRANCOTIRADORA" DO GALEGO

Nesta liña, Diego Boquete de CIG-Ensino criticou que a institución tamén "avalou" o recorte "grave" de horas de galego que trouxo consigo a Lomce en Secundaria, en concreto 10 e 13 menos en función da opción.

"Está a actuar como unha francotiradora, que dispara aos poucos espazos nos que o galego avanzou", criticou Maceira, quen cualificou a Otero da "auténtica curmá de Zumosol" da administración.

Ante este panorama, A Mesa cuestionou a capacidade de Milagros Otero para defender os dereitos fundamentais dos cidadáns "se non é capaz de facer valer o artigo 2 da declaración de dereitos humanos", é dicir, a non discriminación por razón de lingua.

Desde esta entidade e a CIG esixiron, así, a dimisión da responsable e avanzaron que, en caso contrario, pedirán aos grupos parlamentarios que impulsen o seu cesamento na Cámara autonómica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Meu, faite orgulloso

Nostrus, onde estabas cando as persoas sofren os incendios? Lambéndolle o traseiro ao amo? Por que nunca comentas en asuntos tan serios, e sempre entras en temas tan secundarios como a fala? Estás obsesionado ou es un buscabullas de oficio? Sabes usar a lingua para dar pracer ou só para envelenar?

2 nostrus

"francotiradora do galego". Dende o mundiño nacionático son moi dados a esaxeracion e a empregar palabras doentes e escandalizadoras e ao mesmo tempo asignar as linguas sentimentos e calificativos mais ben reservados aos humanos, xa que as linguas nin sufren nin padecen e importalles unha merd* que as usemos ou non. "O galego morre", "navallada ao galego", "dereitos do galego",. O importante son os dereitos das personas e o seu benestar.

1 Olee

Entre is dereitos das personas está poder falta en gallego además de to nto donde no hay no se puede sacar

3 Mir

Deixa de sementar división e rancor entre os galegos Nostrus pola lingua de meus pais. Pagamos impostos coma vós os que a falamos e estamos xa moi fartos de que intentedes medrar politicamente a conta da lingua galega. Por moito que vos empeñedes e moitos apoios mediáticos que teñades aínda somos moitos os galegos que pensamos que as linguas nunca restan, sempre suman. Os teus argumentos caen polo seu pé: non é a lingua, son eu ou miña nai as que temos os dereitos coma falantes de galego e o benestar de miña nai pasa por poder ir a un médico que a entenda na súa lingua, xa que coma ela di só ía á escola cando chovia tanto que afogaban as ovellas. Unha boa hipérbole para sinalar a miseria dos anos da fame... E terrible ver coma persoas intelixentes coma ti poden non decatarse de que dividir a longo prazo sempre perxudica á maioría e que son moi poucos os que conseguen réditos da cizaña sementada. Paz para a miña lingua.

1 Lois Garcia

Si la secta upegalla está en contra de la Valedora do Pobo es que hace algo bien, aunque lo mejor sería que desapareciera tan absurda figura.

1 Fuera Milagros Otero

Totalmente de acuerdo con que desaparezca, dado que si ignora 300 denuncias de conculcación de derechos lingüísticos interpuestas por ciudadanos y sólo hace caso a 1 denuncia de conculcación de derechos lingüísticos interpuesta por la Guardia Civil, de Defensora del Pueblo no tiene nada.

2 Yaestabien

Y luego el director de normalización lingüística el mismo que dio una entrevista a un periódico de Galicia en castellano el cobarde de Feijóo que la nombró el conselleiro de analfabetismo porque de enseñanza tiene poco no hacen nada porque lo va hacer ella que hace bien su trabajo que es cobrar a final de mes y lamer el cu los castellanohablantes y gallegofobos como Galicia monolinguemonolingue