Competencia polo espazo liberal galego

CDL-Galicia reclama para si o espazo liberal que nos últimos meses está gañando Converxencia XXI. Pero hai outros que aspiran a ocupar este espazo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/11/2010 | Actualizada ás 23:10

Comparte esta noticia

Os liberais están de moda. Logo de chegar ao goberno en Inglaterra e Alemania, en Galicia non queren quedar atrás. Se fai uns meses era Converxencia XXI quen anunciaba a presentación de candidaturas para as municipais do 2011 para ocupar o espazo dos liberais galegos, agora é o Centro Democrático Liberal (CDL) quen reclama para si a ese electorado que pode estar descontento co Partido Popular.

O presidente deste partido en Galicia, José Palacín, acaba de remitir unha carta na que tenta vender o seu proxecto político. En Galicia, este partido fundouse en 2007 pero asociouse con Coalición Galega, Iniciativa Galega e Unidade por Narón para formar a Coalición Terra Galega. "Nuestro partido se presentó a las municipales de 2007 obteniendo la cifra de 3 alcaldes y 39 concejales, actualmente disponemos de 48 en todo el territorio nacional y estamos preparando  los proximos comicios locales con más de 100 candidaturas en toda España", sinala.

Problemas


Sen embargo, CDI apoiou a candidatura de Terra Galega con tan só a inclusión de tres membros nas listas, tras un acordo informal auspiciado polo seu ex secretario xeral, Ignacio Expósito. Unha coalición que comezou a fragmentarse coa marcha de Xoán Gato, líder de Unidade por Narón.

Por iso, CDI baralla ir en solitario as municipais. "En Galicia el partido se fundó en 2007 pero empezó a arrancar a finales del año pasado. Desde entonces hemos quintuplicado la afiliación y formalizado el I Congreso Federal", sinala nesta misiva o seu presidente.

Fragmentación

Pero o CDI terá que volver competir cos seus socios de Terra Galega --cos que ainda non descarta un acordo-- e, especialmente, con Xoán Gato, que nas últimas semanas se está movendo para montar un novo partido, nesta ocasión en Ferrol, o que podería supor a fin de Independentes por Ferrol, que lidera o ex conselleiro con Fraga, Juan Fernández.

Moitos comensais para un único pastel xa que estes partidos compiten por un electorado semellante; liberal, centrista e galeguista.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

10 un calquera

Eu non penso votar a ningunha forza con sede en Madrid, porque , nos últimos 30 anos hai exemplos dabondo, sempre antepoñen os intereses de Madrid, xerais do estado ou de outras comunidades ós de Galicia. E a min o que me interesa social, económica, culturalmente é Galicia. Por iso benvida calquera forza, partido ou grupo político que turre polo pais e non sexa sucursal de ninguén nen unha forza localista. Por agora o menos malo do que a min me gustaría para votarlle é o BNG.

9 xandasbolas

Non son de dereitas, nin me gusta o capitalismo liberal, entendido como a explotación de todolos recursos do planeta por parte de entes particulares, pero creo que na Galiza non nos víria mal que se montase un partido nacional-galeguista-conservador-liberal-explotador dos recursos humanos e naturais, con tal de quitarlle votos ó outro partido nacional-españolista-conservador-liberal-explotador dos recursos humanos e naturais.

1 Carlos Durán-A Coruña

Non confundas o neoliberalismo dos USA ou do PP coa ideoloxía liberal. Podes crerme que eu non teño absolutamente nada que en común coa dereita e véxome moi identificado coa ideoloxía Liberal Democrata. Por exemplo en Converxencia queremos facer da protección de medio ambiente un dos piares do partido.

2 Converxente

Converxencia XXI non nace para quitarlle votos "ó outro partido nacional-españolista-conservador-liberal-explotador dos recursos humanos e naturais". Como partido con vocación maioritaria, nace coa vontade de acadar a maioría, e para iso terá de "quitarlle" votos a todos os partidos, sexa PSOE, PP ou BNG, por citar os que teñen representación actualmente. Converxencia XXI non é un partido de dereitas, sexa dito de paso. Evitade por favor esa fixación que tedes algúns.

3 Converxente

E CXXI é un partido de base demócrata-liberal, pero de amplo espectro, no partido tamén hai bastantes social-demócratas e algún demócrata-cristián. Evitade tamén esa fixación por definirnos como uns "neo-liberais" malos malos, que queren explotar aos traballadores e os recursos naturais bla bla. O que queremos é o benestar dos galegos e galegas, de todos, e non nos molesta que haxa ricos, como a algúns na esquerda radical, senón que haxa pobres. Por ese camiño é por onde hai que tirar.

4 Converxente

E fora de ideoloxías, mas tendo sempre unha base demócrata e liberal na que basear o proxecto, somos flexibles neste aspecto porque sabemos que cada sitio é un mundo, e en Galicia teremos de seguir un camiño propio e unha forma de gobernar propias. O que funciona nun lado, ao mellor non funciona no outro. Tendo como referencias a partidos como CiU, os Liberal-Democrats británicos ou o Scottish National Party (entre outros), teremos de formar a nosa propia forma de facer política, á galega, evitando ser catalogados como "a CiU galega" e cousas polo estilo. O noso é un proxecto que nace dende Galicia e para Galicia. E se non estades de acordo en que haxe traballo e benestar propios dunha democracia avanzanda (como no norte de Europa), pois non votedes a Converxencia XXI, é así de fácil. Agora, nin somos "de dereitas" nin "neo-liberais".

8 Alberto Castro

Aos únicos que vexo cun proxecto serio e a longo prazo son a Converxencia XXI. O resto son uns oportunistas que saen da tobeira cando hai eleccións, buscando unha coalición ou partiducho calquera para seguir chupando do bote. O de menos é a ideoloxía, o importante é seguir tendo un postiño e chupando do bote. Converxencia XXI leva pouco tempo, pero ten demostrado que van en serio, e de momento son o máis parecido a unha CiU galega. Deséxolles moita sorte e que se consoliden como 4ª forza galega, que un panorama máis heteroxéneo na política galega sempre é positivo para a democracia.

1 maquet

o problema é que Converxencia vai ter que esperar un longo tempo ata que acade entrar no parlamento... e a espera vai ser moi dura

2 maquet

De feito, eu creo que antes van chegar a ter un escano os de UPyD, o cal é para botarse a chorar, pero é o que temos neste País noso...

3 Miau

A diferenza é que a UPyD non vai superar o seu escano, mentres que CXXI só pode ir a máis.

7 ANTON

Traduzco o artigo: Chegou un, que queria medrar na política. Encontrouse con outros dous, que no levanse moi ben cos Gatos, fixeron o partido. Agora son 5 polo tanto, quintuplicaron os afiliados dende que chegou Palacin (lembro que era un). Agora, quedaron pendurados polo desgaxe das "Terras Galegas", e precisan urxentemente, ter algunha posibilidade de ir de primeiros en algun pobo (ten todos os que queira para elexir), (Telmo, o mesmo presentase en "Sanjenjo" que en Pontevedra. Xa queda moi pouco tempo para elexir concelleiros, e tiñen que coller cadeira como sexa ao prezo que sexa, non sexa que queden catro anos nn paro que esgotase en dous anos. De calquer xeito, desexo o mellor para eles, porque por collons ben postos non hay quen gañe a este xente.

6 Carlos Durán-A Coruña

Semellanzas entre Converxencia e CDL unicamente a orientación liberal porque polo demais.... CDL é un partido español con sucursal en Galicia. Converxencia é un partido 100% galego. *-Respecto o de Cuiña... el xa sabe o que ten que facer. 1.)Darse de baixa do PP 2.)Afiliarse a Converxencia 3.)Desempeñar o papel que a executiva lle asigna. Teño en moi alta estima a Rafa e non entendería moi ben que, chegado o caso, non tivera un papel importante. Iso sí, ten que ser por ese orden. Non vale darse de baixa dun cando xa tes algo amarrado noutro. *-Respecto a que a cara visible sexa só Padín...é o fundador do partido e só temos un ano e pouco de vida. Tempo o tempo. Podo dicir que hai xente traballando en bastantes Concellos. Seguramente nas próximas eleccións non se presentaran moitas candidaturas pero Converxencia pretende ser un proxecto a longo prazo.