Competencia polo espazo liberal galego

CDL-Galicia reclama para si o espazo liberal que nos últimos meses está gañando Converxencia XXI. Pero hai outros que aspiran a ocupar este espazo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/11/2010 | Actualizada ás 23:10

Comparte esta noticia

Os liberais están de moda. Logo de chegar ao goberno en Inglaterra e Alemania, en Galicia non queren quedar atrás. Se fai uns meses era Converxencia XXI quen anunciaba a presentación de candidaturas para as municipais do 2011 para ocupar o espazo dos liberais galegos, agora é o Centro Democrático Liberal (CDL) quen reclama para si a ese electorado que pode estar descontento co Partido Popular.

O presidente deste partido en Galicia, José Palacín, acaba de remitir unha carta na que tenta vender o seu proxecto político. En Galicia, este partido fundouse en 2007 pero asociouse con Coalición Galega, Iniciativa Galega e Unidade por Narón para formar a Coalición Terra Galega. "Nuestro partido se presentó a las municipales de 2007 obteniendo la cifra de 3 alcaldes y 39 concejales, actualmente disponemos de 48 en todo el territorio nacional y estamos preparando  los proximos comicios locales con más de 100 candidaturas en toda España", sinala.

Problemas


Sen embargo, CDI apoiou a candidatura de Terra Galega con tan só a inclusión de tres membros nas listas, tras un acordo informal auspiciado polo seu ex secretario xeral, Ignacio Expósito. Unha coalición que comezou a fragmentarse coa marcha de Xoán Gato, líder de Unidade por Narón.

Por iso, CDI baralla ir en solitario as municipais. "En Galicia el partido se fundó en 2007 pero empezó a arrancar a finales del año pasado. Desde entonces hemos quintuplicado la afiliación y formalizado el I Congreso Federal", sinala nesta misiva o seu presidente.

Fragmentación

Pero o CDI terá que volver competir cos seus socios de Terra Galega --cos que ainda non descarta un acordo-- e, especialmente, con Xoán Gato, que nas últimas semanas se está movendo para montar un novo partido, nesta ocasión en Ferrol, o que podería supor a fin de Independentes por Ferrol, que lidera o ex conselleiro con Fraga, Juan Fernández.

Moitos comensais para un único pastel xa que estes partidos compiten por un electorado semellante; liberal, centrista e galeguista.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

5 Xisco

Sò vexo posibilidades aos que fichen a Cuiña jr

1 Xan

Vale Rafael, no seas tan pesado y déja de hacerte tanta autopromoción por todos los foros

2 Xisco

Xa te gustaría, Xan. Os PPeiros sodes o pior entre vòs mesmos e por suposto da Galiza

3 Xan

No te pases, que de un tiempo a esta parte en el BNG andan a hostia limpia entre la UPG y el resto. Por no hablar de Touriño al que los suyos despidieron sin darle las gracias siquiera.

4 Chichinabo

Estes son os da Frente Popular de Judea? Ou da Unión Popular de Judea? Ou da Fronte Judaica Popular? Caberán nun taxi, non?

1 xandasbolas

O que pasa na Galiza hoxe é como a VIDA DE BRYAN.

3 Coruño

Pra min os únicos que van en serio son os de Converxencia, que esixen o pago das cotas e proiben estar afiliado xa a outro partido. Eu creo que sí teñen proxecto e compromiso co País. Mágoa que non teñan máis caras visíbeis que Padín...

2 furón

Son cousas diferentes, este CDL son unha organización española, herdeiros do CDS. Liberais galegos creo que só existen os de Converxencia XXI e cecais algo de Converxencia Galega.

1 Xarangallo

O único partido serio deses tres é Converxencia Século XXI, magoa de nome tan "anticomercial" Os outros son o furanchos de cabreados peperos ou sucursais de chiringos españois. O meu voto, de momento, para o BNG.

1 Coruño

supoño que houbo tantos que o tentaron antes que case que non quedaban nomes que poñerse, mais o de Converxencia XXI non está nada mal...

2 Porco Jones

Sím, concordo, Converxencia XXI non está nada mal como nome, e son os únicos que parecen ter percorrido a meio-longo prazo. Desexolhes sorte.

3 anxodoceo

Eu son votante habitual do nacionalismo -BNG- e penso que o seguirei a votar sempre que o merezan. O proxecto de Converxencia paréceme serio, mais creo que será bo para Galiza se convence os votantes galeguistas da dereita e non os xa votantes do nacionalismo.