Saleta, cuarta en Malaisia

A triatleta pontevedresa Saleta Castro, co mellor tempo (3h16’) das participantes no maratón, pecha a temporada cun cuarto posto no esixente Ironman de Malaisia, a tan só dous minutos do podio.

Por gcdeportes | Pontevedra | 11/11/2017 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A escasos dous minutos e medio do podio. A pontevedresa Saleta Castro pechou a temporada cun cuarto posto no esixente Ironman de Malasia cun tempo final de 9h:38:36, a 19 minutos da vencedora, a xermana Diana Riesler.

Saleta Castro, preparada para o Ironman de Malaisia.
Saleta Castro, preparada para o Ironman de Malaisia. | Fonte: @SaletaCastro

“4º puesto en el Ironman de Malaysia. Dándolo todo hasta la línea de meta, remontando 10' en la maratón y finalmente a 2'15" del podium. Me quedo con el mejor parcial de la maratón femenina 3h16'. Un poco triste por saber que ese par de minutitos se podían haber rascado de algun lado pero contenta con darlo todo hasta el final. Dar la enhorabuena al podium Diana Riesler, Mareen Hufe y Genet Manon. Temporada terminada!”, resumiu Saleta Castro en twitter as súas sensacións trala proba coa que pecha a temporada.

A pontevedresa saiu en segunda posición (56:59) dos 3,8 quilómetros de natación, a case minuto e medio do liderado e con 40 segundos de vantaxe sobre as favoritas, as xermanas Diana Riesler e Mareen Hufe. Todo mudou no arrinque dos 180 quilómetros de ciclismo. Riesler asumiu axiña o liderado da proba mentres que a galega cedeu posicións ata o quinto posto. Á T2, Saleta Castro chegou a 22 minutos da cabeza.

Pero no maratón chegou a remontada da pontevedresa, que acadou a mellor marca das participantes nos últimos 42,2 quilómetros de carreira a pé. Deste xeito, ascendeu á cuarta posición e reduciu a súa desvantaxe con Manon Genet ata en 10 minutos, pero a francesa conservou o podio por algo máis de dous minutos.

Saleta Castro entrou en meta cun tempo de 9h:38:36, a 19 minutos da vencedora, Diana Riesler (9h:19:01), mentres que Mareen Hufe foi segunda (9h:27:23) e Manon Genet foi terceira (9h:36:14). A triatleta galega mellorou o quinto posto acadado en Malaysia no 2015 e consegue importantes puntos KPR (Kona Points Ranking) para estar no Mundial'2018 en Hawai.

Clasificación final:

1 Diana Riesler 9h:19:01
2 Mareen Hufe 9h:27:23
3 Manon Genêt 9h:36:14
4 Saleta Castro 9h:38:36

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta