Puy calcará a receita que derrotou a Touriño

O líder da estratexia do PPdeG adianta as claves do programa marco para vencer aos bipartitos das cidades. Vídeo de maior formato no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 01/12/2010 | Actualizada ás 01:14

Comparte esta noticia

O voceiro de Economía e Facenda do PPdeG, Pedro Puy, indicou o martes que os eixos fundamentais do programa electoral dos populares para as vindeiras municipais serán tres: "a austeridade na Administración", "a eficiencia no gasto público" e o "impulso ao emprego".

Trátase basicamente da mesma estratexia que Puy codeseñou para encubrar a Feijóo. Como novidade, os 'populares' aproveitaran a súa presencia da Xunta para prometer grandes construcións. Por exemplo, Gerardo Conde Roa xa anda facendo campaña polo AVE a Lavacolla, mentres o conselleiro de Infraestructuras anuncia un estudio sobre esta infraestructuras.

Puy dirixiu a primeira reunión coa Comisión Redactora do Programa Electoral, recentemente constituída e que el mesmo lidera. Segundo explicou, a susodita Comisión está formada por xente nova, en total 16 membros que aúnan, non só a súa pertenza ao PP, senón tamén a súa experiencia na xestión local e a dedicación á reflexión teórica no ámbito universitario.

Puy matizou que as persoas que redactarán o programa electoral do PP son "representantes de todo o territorio, que proveñen tanto de concellos do interior, como da costa, do rural ou urbanos".

O dirixente popular tamén informou de que durante a xuntanza de hoxe xa se foron establecendo os primeiros calendarios dos encontros que manterá a Comisión e das reunións que levará a cabo coa sociedade civil coa intención de palpar sensibilidades e detectar as súas demandas nun momento de dificultade económica como o que se está a vivir e que afecta a moitos sectores produtivos locais.

Nesta liña, Puy fdestacou que o programa electoral será "participativo e aberto e estará deseñado tendo en conta dita conxuntura económica e priorizando as medidas que afonden na austeridade dos Gobernos locais, na eficiencia do gasto público e no impulso ao emprego, coa fin de mellorar o benestar dos cidadáns e revertir os efectos da crise nos concellos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 lugues

Están tremendo os aprencices de caciques do bipartito da deputación de Lugo, e non é polo frio... Seica volven os amos e señores de vello, e din que traen moita fame despois de catro anos sen chuchar do público. Pois non choraremos polos farsantes do BNG e do PSOE que perderon outra oportunidade para amosar a diferencia, nin festexaremos o regreso dos herdeiros de Cacharro, simplemente teremos que agardar pola alternativa que aínda non fomos capaces de conformar.

1 Pardo de Cela

Austeridade e eficiencia un AVE a Labacolla???. Este home é do mellor que ten o PP, pero como listo que tamén é, non asumiu ningunha das consellerías da materia, onde se queimaría porque él ben sabe que o programa do PP para as autonómicas era mentira, como tamén o é o das municipais.

1 Alfonso García

Quererá ser o recambio de Feijóo cando este se marche a servir a Madrid? Porque dos conselleiros que ten Feijóo agora, non vale un só para nada (ten que saír o presidente a dar a cara todos os días, ata pola tontería máis gorda). Imos tomando nota, imos...