Denuncian que Portos de Galicia fai negocio coa auga en Camariñas

Un medio local denuncia que o organismo público factura cinco veces máis a auga do que custa.

Por Galicia Confidencial | Camariñas | 23/11/2017 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Portos de Galicia está nunha cruzada recaudatoria sen precedentes a conta das sufridas e nunca ben tratadas Comisións de Festas que utilizan os espacios portuarios. Pero, para sorpresa deste modesto medio de comunicación dixital, veñen de comunicarnos que coa auga pasa tres cuartos do mesmo: o concello cóbralle a Portos uns 45 céntimos por tonelada e os clientes do Ente Público págana multiplicada polo infinito”, é o que publica o xornal dixital camarinas.eu.

Porto de Camariñas co presidente de Portos de Galicia sobreimpresionado
Porto de Camariñas co presidente de Portos de Galicia sobreimpresionado | Fonte: camarinas.eu

Nunha información que fixo chegar ao GC, apunta que varios consumidores de auga, no porto de Camariñas, que prefiren gardar o anonimato, fixeronlles chegar os recibos que lles pasa a comunidade autónoma polo consumo da auga. “A nosa sorpresa foi maiúscula cando constatamos que os 45 céntimos tíñanse transformado en 2.88€ (case tres euros!) despois de pasar polos servicios administrativos da Xunta”, apunta a información.

O porto de Camariñas é o segundo consumidor de auga deste municipio chegando a uns 7.500 metros cúbicos cada ano por término medio. Este consumo, a precio de Portos de Galicia supón mais de 20.000 euros de ingresos para o Ente Público cada ano, sen embargo o concello solo lle factura a Portos de Galicia algo mais de 3.375 euros. “A diferencia é substancial sen que ningún usuario do porto vexa repercutida na súa factura a xenerosidade do concello para coa administración autonómica”, di o xornal.

“Descoñecemos a razón polas que o Ente Público Portos de Galicia factura deste xeito tan desproporcionado entre o que paga e o que cobra xa que non ten gasto ningún de infraestrutura, nin ten que amortizar ningún tipo de investimentos hídrico, nin nada que signifique incremento de custes. Hai que lembrar que o servicio de augas é o do concello”, engade.

VERSIÓNS

Despois de varias consultas, o concello trasladoulles que se acordou un precio  baixo con Portos para que non repercutira excesivamente na factura que este organismo cobra a embarcacións e usuarios do porto de Camariñas.  

“Este modesto medio de comunicación, para ter as dúas versións, tentou poñerse en contacto co Ente Público Portos de Galicia facéndolle entrega a D. Jose Juan Durán Hermida, presidente do mesmo, dun escrito solicitándolle unha entrevista para trasladarlle aos nosos lectores a posición da Xunta de Galicia sobre este e outros asuntos. De momento non tivemos resposta aínda que agardámola. De tódolos xeitos se nos trasladou dende o seu contorno que Portos de Galicia ten unhas taxas aprobadas que ten que repercutir obrigatoriamente”, apunta a información.

Por iso, indica que, se iso é así,  o concello debería modificar a taxa por consumo de auga a Portos xa que, coa situación actual, tódolos camariñáns están subvencionándolle o consumo de auga a Portos de Galicia sen que este repercuta a subvención nos usuarios. 

“Non hai que esquecer que no recibo da auga de todos nos xa contribuímos con impostos varios por distintos conceptos que fan que o recibo se incremente practicamente nun 100%. Si Portos de Galicia non pode baixar as súas tarifas por impedimento legal, entón o Concello non debería bonificarlle o consumo de auga xa que esta bonificación non repercute nos usuarios do porto que, deste xeito, están contribuíndo dúas veces: unha mantendo un servicio de augas municipal, e outra cando Portos de Galicia lle pasa un recibo onde o precio se incrementa en 6.4 veces o custe”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta