Temas: A PONTENOVA

A Pontenova, centro das antigüidades de Galicia en decembro

Máis de 60 profesionais de España, Francia e Portugal daranse cita na XI Feira de Artesanía e Antigüidades deste concello lucense.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 01/12/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A XI Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de decembro, converterá a este concello lucense no centro das antigüidades de Galicia coa participan de profesionais de distintos puntos de Europa. Nesta edición, farano 60 anticuarios e artesáns de España, Francia e Portugal.

Obxectos nunha feira de antigüidade
Obxectos nunha feira de antigüidade | Fonte: minube

Ademais, e relacionado con este evento, haberá unha exposición de 120 pezas de olería e bargueños e unha ruta reivindicativa en vespa para a posta en valor da Senda Verde. Uns eventos impulsados desde a Deputación de Lugo que, ademais, contribuirán á difusión desta cita a través da TIC. Tamén haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo e menús de produtos típicos con prezos vantaxosos nos establecementos da localidade. 

Precisamente, Darío Campos, presidente provincial e alcalde do concello, destacou que con esta cita se quere poñer en valor a “fonda tradición no sector das antigüidades, pois a vila foi o lugar de encontro de anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas e tradicionais”. “ Con esta feira, xa consolidada no calendario festivo de Galicia, aproveitamos a nosa riqueza cultural para xerar oportunidades económicas no Concello, reunindo a profesionais de distintos países europeos que son capaces de mobilizar á nosa vila a milleiros de persoas durante a ponte de decembro. O ano pasado, contamos con máis de 8.000 visitantes”, indicou.

Durante as xornadas da feira haberá menús especiais a 15 euros nos restaurantes San Briz, O Lar de Balbina, A Mina e a Pulpería Esther de Monterroso. 

ORGANIZACIÓN

Na Praza dos Fornos situarase todos os profesionais participantes: 30 artesáns e 30 anticuarios, chegados de toda a xeografía nacional, dende Galicia, Asturias, Castela e León, Huesca, Leida ata Madrid; así como de distintos puntos de Portugal e Francia.

Na Casa da Cultura haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo en quenda de mañá e de tarde. Ata o momento, está confirmada a participación de 8 artesáns: José Fernández realizará demostración de olaría de barro; Luisa Martínez Vázquez de cestería en mimbre; José Mª Rodil Arruñada forxa e obradoiros de navallas; José María García Bouza realizará talla en madeira; Jesús Iglesias de torno; José Ramón Carballeira fará exhibición de tear triangular; María José Arruñada fará pintura ao óleo e Mari Carmen Otero de cestaría. 

Temas: A PONTENOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta