Cal é a enfermidade que cambia a vida das persoas nun segundo?

O dano cerebral adquirido é xa unha “pandemina silenciosa” que afecta a máis de 20.000 galegos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/12/2017 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Case 20.000 galegos sofren Dano Cerebral Adquirido (DCA).  Xa é a terceira causa de morte na poboación española e a primeira entre as mulleres. Pero, que é esta estrana “pandemia silenciosa” que afecta a persoas dos dous sexos e todas as idades e que nun segundo cambia a vida dos que a padecen?

O dano cerebral adquirido afecta xa a máis de 20.000 galegos
O dano cerebral adquirido afecta xa a máis de 20.000 galegos

O DCA é unha lesión súbita no cerebro entre cuxos orixes máis comúns figuran os ictus, traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais e outras causas de carácter infeccioso. Este ano, A Plataforma Española polo DCA, unha organización sen ánimo de lucro que agrupa a entidades que loitan pola mellora das condicións de vida das persoas con DCA, lanzou unha campaña o 26 de outubro para sensibilizar a todos os axentes sociais e informar á poboación sobre este grave problema e a súa implicación social, que a pesar de ser a primeira causa de discapacidade no noso país. 

Víctor Sánchez, presidente da Plataforma Española polo DCA, destaca que é moi necesario seguir implicando á sociedade, pedindo a colaboración dos axentes sociais e da importancia da familia “para loitar con coraxe e saír adiante”. “Non debemos esquecer que nos pode pasar a cada un de nós e que nun segundo, a túa vida cambia”, sinala.

Sánchez destaca que son moitas as persoas e familias que o padecen. “Unha realidade chea de soños e esperanzas onde os seus protagonistas teñen que empezar desde cero nas súas vidas. Comezar a falar, andar, ou expresar os seus sentimentos”, indica.

QUE PROVOCA O DCA?

O dano cerebral adquirido é unha lesión producida de forma súbita no cerebro, xa sexa por un accidente cerebrovascular, un traumatismo cranioencefálico, infeccións, anoxias, tumores... Os seus efectos son bastante discapacitantes, tanto no que se refire a problemas físicos como a problemas na fala (afasias), problemas de memoria e percepción ou problemas de conduta e confusión.

A non existencia dun Plan Nacional sobre Dano Cerebral Adquirido provoca, ademais, que as persoas con este tipo de doenzas teñan serias dificultades á hora de atopar información sobre recursos asistenciais que cubran as súas necesidades e as das súas familias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta