Arqueólogos da Universidade da Coruña investigan os misterios da capital do antigo reino de Israel

National Geographic recolle o traballo que está facendo sobre o campo un equipo coordinado por Juan Luís Montero Fenollós, profesor de Historia Antiga na UDC.

Por Galicia Confidencial | | 11/01/2018 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A uns vinte quilómetros do río Jordán, na rexión de Cisxordania, un equipo da Universidade da Coruña está contribúe a desvelar algúns misterios da historia de Tell el-Fara, un dos grandes xacementos arqueolóxicos de Palestina, que algunhas hipóteses asocian coa cidade bíblica de Tirsa, citada no Antigo Testamento como a capital do reino de Israel que fundou no ano 925 antes de Cristo o rei Jeroboam.

Xacemento de Tell el-Farah.
Xacemento de Tell el-Farah.

Este traballo é recollido agora pola prestixiosa revista National Geographic, que dá conta das investigacións realizadas polo equipo coordinado por Juan Luís Montero Fenollós, profesor de Historia Antiga na Universidade da Coruña, en cooperación coa Universidade Nova de Lisboa e o Ministerio de Turismo e Antigüidades de Palestina .

Os traballos comezaron en outubro de 2017 coa primeira campaña de escavacións –financiada pola Fundación Palarq de Barcelona– no xacemento de Tell el-Fara, situado preto de Nablús, en Cisxordania.

O lugar foi escavado entre 1946 e 1960 polo dominico francés Roland de Vaux, director da Escola Bíblica e Arqueolóxica Francesa de Xerusalén. Os seus achados, como describe National Geographic, revelaron que o lugar estivo habitado entre o Neolítico e a Idade do Ferro, entre os anos 8500 e 600 a.C.

Tras a morte de Roland de Vaux, e debido tamén en gran medida pola convulsa situación política da rexión, este xacemento quedou abandonado. Seis décadas despois, os arqueólogos volveron ao lugar para tentar destapar os grandes misterios que agocha.

O obxectivo da campaña de escavacións na que participa a Universidade da Coruña é elaborar un novo plano topográfico do xacemento coa axuda dun dron, avaliar o estado de conservación das ruínas estudadas nos anos cincuenta e facer unha sondaxe que deu como resultado o achado de muros pertencentes a varias edificacións, así como diversos obxectos da Idade de Ferro.

Arqueólogos españoles investigan la antigua capital de Israel

Un equipo arqueológico de la Universidad de A Coruña ha realizado su primera campaña de excavaciones en el yacimiento de Tell el-Fara, enclave relacionado con la ciudad bíblica de Tirsa, fundada en el 925 a.C. y citada como capital del reino de Israel en el Antiguo Testamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta